Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde denuncia que as medidas contra o déficit son unha cortina de fume que oculta o desmantelamento do Estado de Benestar


# Martes, 14/02/2012
López Orozco di que a reforma laboral non creará máis emprego e pide máis crédito para os emprendedores e as empresas

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, considera que as medidas contra o déficit son unha “parafernalia” que oculta un intento de desmantelar o Estado de Benestar e cre que a reforma laboral supón máis facilidades nos despidos e menos garantías para os traballadores pero non vai conseguir que haxa máis emprego.

López Orozco dixo hoxe que a reforma laboral o que “vai conseguir é que se despida con máis facilidade a traballadores e que os despidos se fagan sen garantías” pero considera que non fará que baixe o paro porque “de nada valen todas esas medidas se non aflora o crédito, se non hai diñeiro para que os bancos dean diñeiro ós emprendedores e ós empresarios para crear emprego”.

“Eu creo que estamos totalmente equivocados co camiño que estamos a levar, xa está ben de recortes e de facerlle caso a Merkel e Sarkozy”, dixo o Alcalde que se preguntou “por que motivo non flúe diñeiro para empresarios e emprendedores que saben facer as cousas” e “por que o déficit, que era condición para o crecemento é agora causa de todos os males?”.

“Por que lle temos que facer caso ás condicións que nos pon esa Europa?”, preguntouse López Orozco e lembrou que “ata onte eu estiven vivindo nunha economía que era o contrario, se o Concello desenvolvía infraestruturas favorecíamos ós lucenses, que tiñan infraestruturas, e tamén ás empresas e ós traballadores”.

Para o Alcalde “está claro que non se debe malgastar diñeiro, eu levo na Alcaldía desde xuño de 1999 e sempre o tiven claro, o que non teño claro é o que está pasando agora” e preguntouse que tería pasado “trala II Guerra Mundial, cando quedou o mundo destrozado, se non houbera o Plan Marshall, e iso que saíamos dunha economía de guerra”.

“Eu creo que nos están engañando como chinos”, concluíu o Alcalde. O seu xuízo, “están entreténdonos para desmantelar o Estado de Benestar, están facendo cada día máis recortes en sanidade, máis recortes en educación e nas pensións porque queren que isto sexa xestionado pola iniciativa privada, como fan nos Estados Unidos “que el Estado pague una pensionista de 200 ó 300 euros y el que más chifle, capador”, manifestou López Orozco.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova