Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Luis Álvarez lamenta que a Xunta faga un uso partidista do Instituto Galego da Vivenda e Solo ó filtrar documentación para beneficiar ó Partido Popular


# Mércores, 15/02/2012
Paz Abraira pídelle á Xunta de Galiza que aclare en que vai a investir os 2.200.000 euros previstos para o ano 2012 para o Plan Paradai

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Goberno Local aproba a contratación do servizo de actividades de animación sociocultural para os centros sociais do Concello


O Concelleiro de Urbanismo e Voceiro socialista, Luis Álvarez, instou hoxe ó Instituto Galego da Vivenda e Solo a rectificar a súa negativa a aboarlle ó Concello de Lugo os 80.000 euros da subvención ó Portelo Único que tramita as subvencións para rehabilitación de vivendas ó Concello de Lugo.

Álvarez lamentou que a Xunta de Galicia faga un uso partidista do Instituto Galego da Vivenda e Solo co único fin de beneficiar ó Partido Popular, xa que se produciu a filtración, chega de inexactitudes nas datas, dun escrito que presuntamente denegaría a subvención antes de enviarlle escrito ningún ó Concello.

Luis Álvarez reclamoulle ó IGVS que “lean o corpo xurídico do convenio que se asinou, non vaia ser que atopen que a denegación presunta desta axuda non se axuste ó procedemento que eles mesmos teñen establecido porque, ó mellor, atopan que tiñan que ter feito unha resolución que non fixeron e tiñan que ter dado un prazo que non deron”.

“Poden revisar os seus actos, se é que algo fixeron mal, por nós están a tempo de corrixilo”, manifestou o Concelleiro de Urbanismo e advertiu de que, se non o fan, o Concello acudirá á Xustiza na defensa dunha subvención “á que temos dereito sen dúbida”.

Álvarez explicou que “a precipitada filtración do IGVS de que nos ía denegar esa subvención debeuse á necesidade imperiosa de saír en auxilio do PP de Lugo xa que, como ós malos actores, entroulles o pánico escénico no pleno da semana pasada e, para desviar, a atención chamaron a papá”

O Concelleiro de Urbanismo lembrou que a semana pasada publicouse que o IGVS remitira o luns 6 de febreiro un escrito ó Concello denegando a subvención, pero o escrito, que ten rexistro de saída do IGVS do día 9 de febreiro e rexistro de entrada no Concello do día 13, “é unha carta, non unha resolución, no que se di que se nos devolve a certificación, non que se denegue a subvención á que ten dereito o Concello de Lugo dacordo co convenio asinado o 3 de agosto de 2011”.

“Tamén dixeron que a documentación se entregara con dous meses de retraso pero o selo do Rexistro do IGVS proba que o recibiron o día 3 de xaneiro”, aclarou Luis Álvarez.

O Concelleiro de Urbanismo facilitou ós medios de comunicación copias da documentación oficial que intercambiaron o Concello e o IGVS nas que se proba que o Concello di a verdade.


Plan Paradai

A Concelleira nacionalista e responsable da Área de Infraestruturas e Axenda 21, Paz Abraira anunciou na habitual rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local que o Concello de Lugo demandará da Xunta de Galicia que se aclare como se vai a materializar o investimento previsto para o ano 2012. Abraira informou que na última addenda do convenio asinado coa Consellería Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas “estaba previsto para o Plan Paradai un investimento de 500.000 € para o ano 2011, un investimento que non se executou”.

A edil nacionalista explicou que a cantidade prevista para o ano 2011 foi incorporada, pola Xunta, e sumada ao investimento previsto para o 2012 que era de 1.700.000 €. Segunda Abraira “no ano 2012 a xunta ten un orzamento total para o Plan Paradai de 2.200.000 € e queremos saber como se vai a materializar este investimento”.

Segundo a Concelleira “o concello ten os deberes feitos dado que o concello ten todos os proxectos aprobados”. Abraira especificou que no BOP de Lugo de data 17 de agosto de 2010 publicouse a aprobación dos proxectos da Estrada das Gándaras, e o da Ponte Paradai – rúa Serra de Meira – avenida da Estación – praza de Conde Fontao.

Paz Abraira “indicou que a día de hoxe e a pesar de figurar nos orzamentos da Xunta unha partida para este convenio non temos comunicación de como se van a acometer estas obras e que se vai a realizar no ano 2012”. Abraira manifestou “a preocupación do goberno municipal por que poida acontecer neste ano o mesmo que sucedeu coa partida orzamentaria do 2011 que non foi executada”.

A última addenda do convenio de colaboración entre a Xunta de Galiza e o Concello de Lugo, para a realización de obras de infraestrutura viaria, asinada o 27 de decembro de 2010 establece un reparto plurianual do orzamento total do convenio que ascende a 9.690.695,15 €. A distribución reflexada no texto da addenda quedou do seguinte xeito: ano 2010 – 0,00 €; ano 2011 – 500.000 €; ano 2012 – 1.700.000,00 €; ano 2013 – 2.500.000,00 €; ano 2014 – 4.990.695,15 €.

Tamén, Paz Abraira, anunciou que o goberno do Concello de Lugo solicitará “que se celebre unha xuntanza de da comisión de seguimento o Plan Paradai para saber cales son as intencións do goberno da xunta neste sentido”. Abraira aproveitou tamén para solicitar “aos representantes do PP no concello de Lugo que reclamen da súa organización, que preside a xunta neste momento, axilidade para resolver todo o que queda pendente do plan Paradai”.

Acordos da Xunta de Goberno

O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, e a Concelleira de Infraestruturas e Axenda 21, Paz Abraira, informaron dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local e na que se aprobaron numerosas licenzas de obras e asuntos de carácter ordinario.

Un dos asuntos máis destacados foi a aprobación dos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares, así como do gasto e a adxudicación por procedemento aberto das actividades de animación sociocultural nos centros municipais por valor estimado de 786.695 euros.

Luis Álvarez salientou que “con este contrato imos aforrar en animación sociocultural, o que nos permitirá manter o que resulta imprescindible para que as persoas vivan dignamente, como son os servizos de axuda a domicilio, os centros de día ou a emerxencia social”

No prego de cláusulas establécese unha duración do contrato de dous anos prorrogables a outros dous, cun valor para a primeira anualidade de 212.407, IVE incluído. Neste sentido tamén se fixa un prezo/hora para cada un dos catro bloques que configuran as actividades socioculturais: prezo/hora de 14,93, IVE incluído, para o que aglutine o apartado de actividade ocio e tempo libre, que suman un total de 120.574 euros; para a actividade de apoio e auxilio complementarias ten un prezo/hora de 11,92 euros e un número de horas anuais de 345; para a actividade do servizos de atención e dinamización sociocultural, ten un prezo/hora de 10,79 euros e unha estimación de 7.602 horas; finalmente para o bloque de actividade de excursións (10 anuais cun máximo de 7 horas) ten un prezo unitario de 569 cada unha delas.

Outro dos acordos da XGL, segundo destacou Luis Álvarez, foi a desestimación do recurso de reposición interposto pola empresa Coremain S.L. no que se solicitaba modificar o valor residual do contrato de aluguer de equipos de informática e modificar a cifra de 0 euros para ser 102.935 euros. No seu momento, e uns meses antes de finalizar o contrato, o Concello informou á empresa de querer exercer o seu dereito de opción de compra dos ordenadores polo valor residual que aparecía no contrato de aluguer que era de 0 euros polo que non cabe estimar o recurso que a empresa presenta cun valor residual de 102.935 euros.



Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova