Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A primeira exposición de pintura da Casa da Xuventude é do artista lucense Hipólito Xeada


# Xoves, 16/02/2012


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Dende o 15 de febreiro e ata o 1 de marzo de 2012 pódese visitar a primeira exposición de pintura nas salas da Casa da Xuventude, que acolle durante este mes a obra do recoñecido artista lucense Hipólito Xeada.

Aínda que este artista conta con obras escultóricas e pictóricas, serán estas últimas, as pezas que compoñan esta exposición. Non atopamos mellores palabras para definir e explicar a súa obra:

“O talento únese ó oficio, e a técnica adquirida durante anos de estudo á xa dilatada experiencia dun recrear e innovar constante. A súa arte pode cobrar corpo en lenzos diminutos, en grandes composicións ou en figuras de táboa labrada. Ergue o ánimo do cartón e modela a area mollada honrando o fugaz da beleza. Tennos abraiado con paisaxes coñecidas, referentes compartidos, motivos naturais, mulleres e homes con sachos e redes, e tamén con escenas máis persoais, momentos íntimos, espellos que esculcan portas a dentro. Obras dun realismo que non deixa de revelar a man do retratista, ou dunha figuración inconfundible de trazos áxiles que xoga coas cores e peneira a emoción dos escuros.”

A exposición poderase visitar na Casa da Xuventude en horario de luns a xoves de 10 a 14 horas e de 16:30 a 21:30 horas, os venres de 10 a 14 e de 16:30 a 00:00 horas e os sábados de 16:30 a 21:30 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova