Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O novo contrato de Xantar no Fogar permite un aforro de máis de 18.600 euros sen mermar o servizo


# Xoves, 16/02/2012
Vaise distribuír ao longo do ano case 15.700 menús a unha media de 52 usuarios mensuais

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, informou que dende o 15 de febreiro xa está ofrecendo o servizo de Xantar no Fogar a nova empresa adxudicataria do servizo, Coesco Deza.

Ana González Abelleira explicou que os motivos da contratación foi a “boa oferta económica que realizaron cun prezo por menú máis baixo, 4,51 euros, o que supón un aforro para o Concello de 18.677 euros sen diminuír a calidade das comidas nin a merma do servizo”. Este novo contrato, cun valor de 70.784 euros, permitirá servir unha cifra aproximada de 1300 menús ao mes e dar cobertura a unha media de 52 persoas mensualmente.

O Goberno Local a través do servizo de comida no fogar, complementario da prestación servizo de Axuda no Fogar, intenta dar resposta ás necesidades presentadas especialmente pola poboación maior do Concello de Lugo procurando a permanencia das persoas no seu contorno familiar en condicións dignas.

A edil de Servizos Sociais salientou que con este servizo preténdese acadar obxectivos como proporcionar una alimentación adecuada, favorecer a prevención de posibles trastornos de saúde derivados da alimentación insuficiente e pouco equilibrada ou a prevención de accidentes domésticos derivados da preparación da comida.

A distribución realízase en furgóns isotérmicos onde se almacenan as barquetas individuais de polipropileno que inclúen un primeiro prato, segundo prato, pan e o correspondente postre ( froita, lácteos ou derivados). En caso de rexímenes alimenticios especiais ofreceranse dietas adecuadas ás necesidades do usuario axustándose a varios tipos de menús ( normal, sen sal, diabético, dieta branda, etc).

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova