Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns celébrase a Festa de Entroido no Pavillón Municipal Daniel Cordido Castro


# Venres, 17/02/2012


Co gallo do Entroido, as Concellerías de Xuventude e de Deportes, conxuntamente co Clube de Patinaxe Lóstregos de Lugo que ten encomendada a xestión da Movida Alternativa Xuvenil de patinaxe organizan sendas festas de entroido. Como adianto hoxe 17 de febreiro celebrarase a primeira delas, denominada Festa MAX-Entroido 2012, no Pavillón Municipal da Piringalla Daniel Cordido Castro en horario de 23:00 a 24:30 horas.

Así, o vindeiro luns día 20 de febreiro entre as 18 e as 20 horas vaise celebrar a FESTA DE ENTROIDO 2012 no mesmo Pavillón Municipal Daniel Cordido Castro. Para esta festa o Clube de Patinaxe Lóstregos prestará patíns e proteccións para aqueles, tanto pais como fillos, que se animen e entren na pista de patinaxe a participar nas actividades que diferentes monitores desenvolveran.

Desta maneira tamén o sábado 25 de febreiro terá lugar no mesmo pavillón a 4º Sede de Primeira División de Hóckey Lina desta tempada 2011/2012.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova