Cargando....
Concello de Lugo
18/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco visitou o inicio das obras de rehabilitación do Vello Cárcere


# Venres, 17/02/2012
O prazo de execución da primeira fase é de 14 meses e en breve se licitará a segunda fase

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Este proxecto financiado con fondos do Plan Urban contan cun orzamento total de 5,7 millóns de euros repartidos en dúas fases

O Alcalde, José López Orozco, o Tenente de Alcalde e responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, visitaron o comezo das obras de rehabilitación do Vello Cárcere, que comezaron hoxe e que dotará a cidade dun novo centro cultural. Nesta visita tamén estiveron presentes os arquitectos que redactaron o proxecto, Juan Creus e Covadonga Carrasco, e que explicaron “que as obras máis importantes se van facer despois do verán xa que polo momento vanse realizar tarefas de derrumbe e de afianzamento da construción”.

López Orozco destacou que “este é un gran día para os lucenses xa que recuperamos o Vello Cárcere, hoxe empezan as obras e en breve imos licitar a segunda fase e con esta obra gaña o centro de Lugo cun novo espazo cultural” ademais animou a imaxinar xa “as presentacións de libros, pequenos concertos ou recepcións e aos lucenses desfrutando das actividades”.

Sobre a elaboración das obras de rehabilitación, o arquitecto Juan Creus, incidiu en que “a clave deste edificio é o patio central polo que planteamos todo entorno a este espazo para facer unha construción viva e moi participativa e darlle a importancia que ten xa que foi realizado por Francisco Cobreros.”

Esta obra estará dividida en dúas fases, a primeira delas foi adxudicada á UTE Galdiano-ZUT en 2.318.000 euros, o que supuxo un aforro de 1.361.000 euros sobre o prezo de licitación. As obras desta primeira fase, que teñen un prazo de execución de 14 meses, inclúen o patio do Vello Cárcere que se vai transformar nunha zona para exposicións e eventos, as antigas celdas de homes que se ubicaban no espazo circular que dá o patio, e as celdas de mulleres que están nun módulo tralas celosías que dan ó patio central. Tamén se inclúe o módulo traseiro, que se destinará a estudo e exposición dos restos arqueolóxicos da cidade.

Este proxecto permitirá que Lugo dispoña dun novo espazo cultural no centro da cidade e tamén será unha oportunidade para a recuperación de vellos oficios e para a incorporación ó mercado laboral dun grupo de desempregados que aprenderon os oficios de carpinteiro e canteiro xa que na obra de rehabilitación do Vello Cárcere van traballar como operarios persoas que fixeron os cursos de formación en carpintería e cantería organizados polo Plan Urban en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.

Centro cultural de referencia
Este proxecto, que está cofinanciado nun 70% con fondos FEDER da Unión Europea, do Plan Urban conta cun presuposto total de 5,7 millóns de euros repartidos en dúas fases. Para executar a segunda fase será necesario liberar os espazos que ocupa na actualidade a Policía Local que se trasladará á nova sede construída en San Fiz.

Este edificio destinarase a un centro cultural, polivalente que sirva principalmente para os artistas novos de Lugo, con moitas salas de exposicións e salas de ensaio para grupos teatrais. O Concello de Lugo tamén quere favorecer a implantación de empresas culturais na nosa cidade, por iso, tamén terán un espazo para empresas novas do sector cultural ou audiovisual que se creen en Lugo e tamén para asociacións; ademais de contar cun pequeno auditorio.

www.lugo.es/urban




Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova