O Gran Concurso de Disfraces Infantil encheu de cor e imaxinación o sábado de Entroido
# Luns, 20/02/2012
Coreografías de películas, protagonistas dos contos infantís e personaxes inventadas animaron o concorrido desfile
Este sábado de Entroido celebrouse un ano máis o tradicional concurso de disfraces infantil organizado pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. O bo tempo acompañou á tarde festiva e os concursantes despregaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosos lucenses.
A festa non faltou durante un desfile moi animado con celebradas coreografías como o baile do musical Grease, pallasos patinadores ou feros piratas. Os participantes fixeron gala de gran imaxinación con elaborados traballos como o tíovivo máxico, unha avioneta ou un tren do Miño. As personaxes nas que se inspiraron os nenos lucenses van dende os protagonistas dos contos como Peter Pan, a Cenicenta, ata Alicia no País das Marabillas. O cine tamén foi fonte de inspiración e non faltaron os Piratas do Caribe e a pandilla de Grease. Pero tamén houbo sitio para a fantasía e xurdiron personaxes como unha Dama das Neves, unha campesiña colombiana ou uns alebrixes, e tamén para a tradición coa comparsa dos piliqueiros.
O concurso comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron oito persoas. Nesta categoría establecéronse tres premios e os agraciados foron os seguintes:
1º Premio para o disfrace O Sombrereiro Tolo
2º Premio para o disfrace O bandido do mar
3º Premio para o concursante A Dama das Neves
Premio especial Disfrace Reciclado para Voa Voa
Na categoría de disfraces por parellas presentáronse catro parellas, entre as que se repartiron os seguintes premios:
1º Premio que recibiu a parella de Irmáns Sparrow
2º Premio para os disfraces de Lady Pirata e o seu Capitán
3º Premio co que se galardoou á parella de Alebrixes
Premio especial Disfrace Reciclado para O Tren do Miño
O desfile rematou co paseo das nove comparsas que se presentaron. Ducias de nenos e nenas participaron nesta categoría que resultou por momentos moi espectacular debido aos elaborados e orixinais traxes deseñados, así como polas animadas coreografías.
Os premios repartíronse do seguinte xeito:
1º Premio para a comparsa Tíovivo Máxico
2º Premio para os membros de Grease Musical
3º Premio foi para Rumbo a Nunca Xamáis
Premio especial Disfrace Reciclado para Piliqueiros AMPA Illa Verde
Os premios consisten en vales de libros e o xurado estivo composto por por Víctor Manuel González Díaz, músico da Banda Municipal de Música e profesor, Sabela Eiriz Martínez, actriz e debuxante e Mª Elena Rodríguez Fernández, profesora do Conservatorio de Danza de Lugo.
Listado completo dos participantes no Gran Concurso de Disfraces Infantil
- Categoría individual:
1.-CAMPESINA COLOMBIANA
2.-CENICIENTA
3.-A RATIÑA PRESUMIDA
4.-VOA, VOA
5.-SOMBREREIRO TOLO
6.-O BANDIDO DO MAR
7.-TARTARUGA NINJA
8.-A DAMA DAS NEVES
Categoría de parellas:
1.-ALEBRIXES
2.-LADY PIRATA E O SEU CAPITÁN DO MAR
3.-O TREN DO MIÑO
4.- HERMANOS SPARROW (Piratas do Caribe)
E fóra de concurso desfilaron Os Picapedra.
Categoría de comparsas:
1.-TIOVIVO MÁXICO
2.-OS XIGANTES DE NEW YORK
3.-MUSICAL DE GREASE
4.-FADAS DA NATUREZA
5.-O BARCO DE MEL
6.-PETER PAN
7.-OS PELIQUEIROS DA AMPA DO ILLA VERDE
8.-PAIASOS SOBRE RODAS.
Compartir: