Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Foro da Axenda 21 Local reunirase o 7 de marzo


# Mércores, 22/02/2012
Hoxe reuniuse de novo a Comisión de Seguimento da Axenda 21 Local baixo a coordinación da concelleira Paz Abraira

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O mes pasado celebrarase outra reunión da Comisión de Seguimento, que serviu para reactivar esta ferramenta de traballo.

Paz Abraira coordinou hoxe unha nova reunión da Comisión de Seguimento da Axenda 21 Local do Concello de Lugo. Forman parte de dita comisión o concelleiro de Medio Ambiente, a concelleira de benestar, a concelleira de economía, unha concelleira do Partido Popular e técnicos municipais.

En dita reunión chegouse ao acordo de convocar o Foro da Axenda 21 para o mércores 7 de marzo. Dito foro está aberto a todos os colectivos así como á cidadanía que a título particular queira participar. Aqueles que estean interesados en participar deberán anotarse no correo electrónico axenda21arrobaconcellodelugo.org ou no teléfono de información cidadá 010 ata as 14:00 horas do martes 6 de marzo.

A concelleira nacionalista, que ten entre as súas responsabilidades de Goberno a área de Infraestruturas e Axenda 21, informou que “desde esta concellería cremos que é sumamente importante que os pasos que demos na reactivación e posta ao día da Axenda 21 conten coa máxima participación posible. Hoxe máis que nunca, que a cidadanía de Lugo se implique na estratexia social, económica e medioambiental é fundamental”

Paz Abraira insistiu en que un dos obxectivos do seu departamento para esta lexislatura é a posta en marcha da Axenda 21 para lograr unha cidade “máis humana e habitable na que sexa máis cómodo vivir”, dixo, a través dun proceso de “humanización” das rúas e as prazas da cidade.

O Plano de Acción da Axenda 21, aprobado no ano 2007, recolle unha serie de medidas en materia ambiental, social, económica e turística para o Concello de Lugo baseadas no criterio da sustentabilidade.

Un dos problemas aos que hai que buscar solución, dixo Paz Abraira, é o do financiamento. Buscaranse, anunciou, liñas de axuda europeas para implementar estas políticas.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova