Imprimir

HUMOR, CRÍTICA POLÍTICA E MOITA IMAXINACIÓN PROTAGONIZARON O GRAN CONCURSO DE DISFRACES DE ADULTOS


22/2/2012 Numeroso público asistiu ao acto central do día grande do Entroido

Un ano máis o Martes de Entroido estivo protagonizado polo Gran Concurso de Disfraces de Adultos que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. O tempo extraordinario, cunha temperatura agradable e lucindo o sol, animou a numerosos lucenses a achegarse ata a Praza Maior para contemplar aos concursantes que participaron neste vistoso concurso, no que non faltaron o humor, a crítica sociopolítica e a imaxinación. Algúns participantes realizaron auténticas “performances” con representacións que foron moi aplaudidas polo público.

Imaxinación botoulle unha das comparsas que trouxo o AVE ata as portas da Casa Consistorial, cunha estación de deseño artesán e un tren tan puntual como cargado de pasaxeiros, entre os que figuraba unha dicharacheira Ministra de Cemento que chegou a Lugo ao ritmo do “Chacachá do tren”. A crítica sociopolítica e a parodia centrou os números de comparsas como Os bonecos de José Luís Moreno vanse ao ERE, Os Duques, ou O Casino global, a Galiza profunda e os eremitas, así como a de Se hai crise non salgo! Maruxa parindo.

De gran beleza resultou A Xoia do Miño, que desfilou escoltada por unicornios e seres de fantasía; poética foi a representación do Espantallo e espectaculares foron Ségeme o fío, o Séquito de Nefertiti e A Conquista do Oeste. Esta última comparsa, unha das máis numerosas con 26 compoñentes, reproduciu un auténtico pobo do “far west” norteamericano cun saloon e unha barbería e non faltaron aguerridos pistoleiros, vendedores de pócimas e cabareteiras.

Non hai dúbida de que os participantes traballaron con esforzo nos seus disfraces, en moitos casos empregaron materiais reciclados como tapóns de plástico e corcho, como Taponman, Dama Encorchetada ou Éche unha risa; o cartón foi o elemento principal nos traxes de As belezas da reciclaxe e nos de Reciclando Cartón, así como o papel no xigantesco cempés de Gusaneando. A Muralla foi a fonte de inspiración para os compoñentes da Pasarela Lucus Augusti, a máis numerosa con 40 integrantes, e na que cada un deles luciu un sombreiro distinto que reproducía a Muralla. Cada un deles estaba fabricado con materiais diferentes, dende moedas de chocolate ou froitos secos, a purpurina o papel de seda.

“Vampiros sen barreiras “ e “Heroes e villanos: loita pola accesibilidade” foron as dúas comparsas de COGAMI que sumaron 17 e 20 compoñentes respectivamente e con moito humor lanzaron unha mensaxe de demanda de accesibilidade e igualdade.

O concurso comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron doce persoas. Nesta categoría establecéronse seis premios e os agraciados foron os seguintes:

INDIVIDUAL:

  • 3º Premio (100 €): Dama encorchetada
  • 2º Premio (200 €): Os bonecos de José Luis Moreno vanse ao ERE
  • 1º Premio (300 €): Espantallo
  • Premio (50 €): Tapón man
  • Premio (50 €): O xogo da oca pintado a man
  • Premio (50 €): O vello no excusado



Na categoría de disfraces por parellas presentáronse dez parellas, entre as que se repartiron os seguintes premios:

PARELLA:
  • 3º premio (200 €): Paiasos de cores
  • 2º Premio (300 €): O lápis do carpinteiro
  • 1º Premio (400 €): Reciclando cartón
  • Premio (100 €): As fregonas, así fregaba así así
  • Premio (100 €): Barby e Kent
  • Premio (100 €): Fantasía oriental
  • Premio (100 €): Volvoretas pizpiretas
  • Premio (100 €): Cenicienta

O desfile rematou co paseo das 18 comparsas que se presentaron. Os premios repartíronse do seguinte xeito:
  • 3º Premio (500 €): Heroes e villanos: lota pola accesibilidade
  • 2º premio (600 €): Segueme o fio
  • 1º Premio (800 €): A xoia do Nilo
  • Premio (200 €): O sequito de Nefertiti
  • Premio (200 €): Os duques
  • Premio (200 €): Boas noites e doces soños miña parruliña
  • Premio (200 €): O chacacha do tren
  • Premio (200 €): Pasarela Lucus Augusti
  • Premio (200 €): A conquista do oeste
  • Premio (200 €): O casino global, a Galiza profunda e os eremitas

O xurado estivo composto por por Víctor Manuel González Díaz, músico da Banda Municipal de Música e profesor, Anxo Lamelo, actor do grupo Achádego e Mª Elena Rodríguez Fernández, profesora do Conservatorio de Danza de Lugo.

Listado completo dos participantes no Gran Concurso de Disfraces Infantil

- CATEGORÍA INDIVIDUAL

  1.   A noiva cadáver
  2.   Os bonecos de José Luís Moreno vanse ao ERE
  3.   Dama encorchetada
  4.   Tapón Man
  5.   Davy Jones
  6.   “Musa de Carnaval”
  7.   O xogo da coa pintado a man
  8.   Espantallo
  9.   Con faldas y... OLÉ!
  10.   Vello no excusado
  11.   A Dama das Frores
  12.   El árabe “John Lennon”

- CATEGORÍA PARELLAS

  1.   Reciclando cartón
  2.   O lápis do carpinteiro
  3.   A Cenicienta
  4.   Volvoretas pizpiretas
  5.   Paiasos de cores
  6.   Maloserá que esgoten as pilas!
  7.   Fantasía Oriental
  8.   Éche unha risa!
  9.   As fregonas: así fregaba, así así...
  10.   Barbie e Kent
E fóra de concurso desfilaron O capitán do navío xunto a súa Dama Medieval

- CATEGORÍA COMPARSA

  1.   O séquito de Nefertiti
  2.   Dando a nota
  3.   Os Duques
  4.   As belezas da reciclaxe
  5.   Boas noites e doces soños miña parruliña
  6.   Gusaneando
  7.   Vampiros sen barreiras
  8.   Heroes e villanos: loita pola accesibilidade
  9.   O chacachá do tren
  10.   Ségueme o fío
  11.   A conquista do Oeste
  12.   O casino global, a Galiza profunda e os eremitas
  13.   Mamá Pitufa e familia
  14.   Angry Birds
  15.   A Xoia do Miño
  16.   Pasarela Lucus Augusti
  17.   Curia Vaticana
  18.   Se hai crise non salgo! Maruxa parindo