Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello aproba a convocatoria para nomear Xefe da Policía Local


# Mércores, 22/02/2012


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, anunciou hoxe a convocatoria da posto de Xefe do Corpo da Policía Local do Concello de Lugo. A convocatoria e bases para a provisión, polo sistema de libre designación, deste posto foi aprobada esta mañá pola Xunta de Goberno Local.

López Orozco explicou que, en aplicación do artigo 27 da Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia, o nomeamento será efectuado polo Alcalde, de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, previa convocatoria pública.

O Alcalde anunciou que a praza de Xefe da Policía Local “vaise convocar entre os funcionarios da Policía Local da máxima categoría, que son dous inspectores principais, polo sistema de libre designación, para que se presenten os méritos que cada quen cre que cumpre e, unha vez vistos eses méritos, farase o nomeamento”.

Segundo dixo o Alcalde, trátase de “darlle solución á situación de certa interinidade que se dá na Policía Local dende que se xubilou o anterior Xefe” e sinalou a urxencia deste nomeamento porque “para poñer en marcha a nova adscrición dos policías, segundo a reestruturación aprobada en Pleno e avalada polos tribunais, é preceptivo o informe do Xefe da Policía Local”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova