Imprimir

SHATTERED MIRROR E DOPPLER ABREN UNHA SERIE DE CONCERTOS GRATUÍTOS NA CASA DA MÚSICA


23/2/2012

Dous grupos inauguran, mañá venres 24 de febreiro, un ciclo de concertos de bandas que ensaian na Casa da Música e que están inscritos no censo de grupos musicais do Concello. O concerto comezará ás 20:00 horas.

Shattered Mirror e Doppler presentarán a súa música ante o público lucense a partir das oito da tarde. Este concerto ofrece un segundo significado para a Casa da Música, creada non só como lugar de ensaio dos grupos, senón tamén como lugar de concertos gratuítos. Este novo ciclo de concertos desenvolveranse nestas instalacións o último venres de cada mes. Actualmente 94 grupos están censados no Censo de grupos musicais, dos que 15 ensaian na Casa da Música.

Os concertos que dan comezo o vindeiro día 24, serven de promoción para estes grupos que moitos deles comezan a súa andaina profesional. Serán gratuítos e a achega municipal consiste na cesión do local e na axuda na promoción do concerto.

Ademais, dende a Concellería de Xuventude, infórmase de que aínda está aberto o prazo de inscrición para realizar cursos de guitarra, técnica vocal, percusión e guitarra eléctrica.

Casa da Música
Parque de Frigsa
Tlf.: 982 297 417
cmusica@concellodelugo.org