Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Evolucionan sen incidencias as obras da Rúa Otero Pedrayo


# Xoves, 23/02/2012
A edil de Infraestruturas e Axenda 21 visitou as obras que o Concello está a realizar na Rúa Otero Pedrayo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Os prazos estanse a cumprir sen problemas e non se rexistrou ningunha incidencia


A concelleira nacionalista Paz Abraira visitou este mércores as obras que o Concello está a realizar na Rúa Otero Pedrayo. Trátase do tramo da rúa que vai desde a intersección coa Rúa Río Sil ata a intersección coa Rúa Río Eo, completando así a renovación total deste vial, xa que o ano pasado, nunha primeira fase, o Concello abordara o tramo que vai desde a Avenida da Coruña ata Río Eo.

O proxecto encádrase dentro do marco de actuacións municipais de renovación de tubarias de abastecemento de fibrocemento por novas tubarias de fundición, así como renovación de canais e tubarias de saneamento que na actualidade ocasionan filtracións de augas fecais no terreo. A renovación conleva ademais a renovación de pavimentos, así como a execución da obra civil necesaria para as canalizacións de alumeado público. O proxecto foi elaborado polo Servizo de Enxeñería do Concello de Lugo dependente da Concellería de Infraestruturas e Axenda 21.

O carril de baixada cara a Rúa Rio Sil permanecerá pechado cando menos ata o mes de abril. De tódolos xeitos os cidadáns e os automobilistas teñen puntual información sobre o estado das obras e os cortes de tráfico na web www.lugo.es, así como informarase, de ser o caso, polos medios de comunicación.

Esta obra esta enmarcada dentro dun convenio coa Deputación Provincial de Lugo. A empresa adxudicataria é SANLE, adxudicándose finalmente por un montante de 195.000 €. O prazo de execución é de 5 meses.

Coñeza o estado das obras.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova