Degustación de filloas para despedir o Entroido no barrio da Residencia
# Xoves, 23/02/2012
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude organiza, dentro do programa de animación sociocultural, unha degustación de filloas coa que se despedirá o Entroido. Será mañá, venres, día 24 de febreiro, no barrio da Residencia.
Esta actividade desenvolverase de cinco a sete da tarde, na rúa Xosé Crecente Vega e será amenizada por un grupo de música tradicional formado por mozos e mozas que ensaian na Casa da Música.
Compartir: