Imprimir

DEGUSTACIÓN DE FILLOAS PARA DESPEDIR O ENTROIDO NO BARRIO DA RESIDENCIA


23/2/2012

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude organiza, dentro do programa de animación sociocultural, unha degustación de filloas coa que se despedirá o Entroido. Será mañá, venres, día 24 de febreiro, no barrio da Residencia.

Esta actividade desenvolverase de cinco a sete da tarde, na rúa Xosé Crecente Vega e será amenizada por un grupo de música tradicional formado por mozos e mozas que ensaian na Casa da Música.