Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez presenta dúas iniciativas de apoio ós emprendedores a través da posta en valor dos produtos autóctonos


# Xoves, 23/02/2012
O día 29 de febreiro remata o prazo para aqueles vendedores que queiran solicitar embalaxes para mellorar a presentación dos produtos como os queixos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Os Concellos de Lugo, Becerreá, Corgo e Baralla vanse unir para crear unha Oficina de Cooperativismo

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, presentou dúas novas iniciativas coas que se pretende apoiar ao emprendedores apostando polos produtos autóctonos.

A primeira das iniciativas vai ser distribuír aos comerciantes do Centro Histórico unha nova tanda de embalaxes para mellorar a presentación dos produtos autóctonos que venden como os queixos, botellas ou lotes de produtos. Nesta iniciativa, financiada polo Plan Urban, e que xa se experimentou o ano pasado cun gran éxito, repartiranse uns 1.800 embalaxes de madeira. A elaboración destes envases foi encargado á ASPNAIS cun presuposto de 10.000 euros.

Sonia Méndez apuntou que “nos últimos días mandeilles unha carta á Asociación Centro Comercial Aberto Lugo Centrum, á Federación Galega de Comercio, a Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais da Provincia de Lugo, a Fundación CEL, á Cámara de Comercio é á Asociación de Comerciantes Mercado de Abastos para informalos de que os comerciantes que estean interesados poden solicitar as embalaxes ata o día 29 de febreiro”.

Oficina de Cooperativismo
A responsable da área económica tamén informou que os Concellos de Lugo, Baralla, o Corgo e Becerreá vanse unir para poder participar na convocatoria da Xunta de Galicia para crear unha Oficina de Cooperativismo. Sonia Méndez destacou que se trata de unir esforzos e non duplicar recursos nos tempos que corren e destacou que “somos de distintos partidos políticos pero dispostos a traballar xuntos, mal que lle pese a aqueles que adican toda a súa enerxía a poñer pedras en lugar de traballar polo benestar dos lucenses”

Neste sentido, explicou que “agardamos que a Xunta de Galicia saiba valorar o esforzo que facemos e que sexa obxectiva na concesión das axudas xa que cumprimos os requisitos” e que “tome como exemplo á Unión Europea que nos conceden axudas a maioría dos proxectos que presentamos porque consideran que son moi bos”.

Subvencións
A Concelleira de Economía quixo aclarar que sobre o suposto “tixeirazo” que “di a oposición que fixemos este ano na redución das axudas a asociacións, non é tal xa que o capítulo catro do orzamento de 2012, dedicado ás subvencións das asociacións aumentou un 4% con respecto ao do ano pasado”. Estes datos indican que dende o Concello se fixe un enorme esforzo para aumentar esta partida e foi grazas as axudas que nos conceden dende a Unión Europea segundo Méndez. A edil recoñeceu que algunhas subvencións sufriran unha leve diminución porque se fixeron en base aos presupostos e facturas de gastos presentadas polas diferentes asociacións.

Neste sentido salientou que “dende o Concello de Lugo tense denunciado en numerosas ocasións isto do reparto subxectivo dos fondos públicos pero non somos os únicos que atopamos sospeitas e mal uso dos fondos públicos” e lembrou que “a operación Campeón da que tanto se está a falar nestes últimos días, xorde dunha suposta malversación de fondos públicos do IGAPE da Xunta de Galicia, que ten en teoría que dedicarse a apoiar as empresas da nosa comunidade de maneira obxectiva”.
Sonia Méndez indicou que “nesta época de dificultades é cando as administracións teñen que apoiar máis as empresas e emprendedores e parece ser que o IGAPE gastou os seus esforzos en repartir fondos a esta empresa da operación Campeón, aínda que curiosamente se está focalizando o tema en cargos socialistas que foron os únicos que non repartiron fondos a esta entidade”.


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova