Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A próxima semana remata o prazo para que os hostaleiros de Lugo se inscriban nos menús degustación romanos para o Arde Lucus


# Venres, 24/02/2012
O día 29 de febreiro tamén remata o prazo para presentarse ao concurso de carteis do Arde Lucu

O próximo mércores día 29 de febreiro remata o prazo para que todos os hostaleiros que queiran participar na elaboración de menús típicos da época romana e castrexa. Os establecementos que se inscriban nesta actividade a través do correo electrónico xuventudearrobaconcellodelugo.org , a través do 010 ou na propia Concellería de Xuventude, formarán parte dunha guía na que se sinalarán as rutas dos locais.

Así, durante o mes de xuño todas as persoas que se acheguen a estes locais poderán degustar a gastronomía típica na época romana a prezos asequibles.

Cartel Anunciador

Dende a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, tamén se informou que o próximo mércores 29 de febreiro remata o prazo para presentar as propostas para o cartel anunciador que, por primeira vez, vaise seleccionar a través dun concurso aberto a toda a poboación que queira participar. Para seleccionar ao gañador valorarase o predominio da cor vermella como simboloxía do lume. O premio para o gañador é de 1.000 euros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova