Imprimir

A RÚA AMOR MEILÁN CONTA XA CON MOBILIARIO URBANO


24/2/2012 A edil de Infraestruturas e Axenda 21 acercouse xunto co deputado nacionalista Mario Outeiro ata a Rúa Amor Meilán

Esta actuación vai na liña de humanización dos espazos públicos para uso e goce da cidadanía


A edil Paz Abraira visitou a Rúa Amor Meilán para valorar a colocación do novo mobiliario. Tratase dun novo paso cara a humanización de espazos públicos, uns dos eixos de traballo da Axenda 21 Local, que coordina a edil nacionalista.

Neste tramo de rúa prevese manter unha zona de carga e descarga regulado para servizo dos comerciantes dos arredores, sendo preciso evitar o estacionamento indiscriminado de vehículos na rúa e delimitar unha franxa estritamente peonil para garantir a seguridade dos viandantes. Unha forma de ordenar e delimitar os usos na rúa é a instalación de elementos de mobiliario urbano, que ademais de cumprir esta función favorecen a humanización dos espazos públicos.

Os 11 bancos previstos están formados por pes de ferro de cor negro forxa, e 11 taboleiros de sección rectangular de 60x40 mm, de madeira tropical tratada con protector funxicida, insecticida e hidrófugo, que conforman o asento e respaldo, sendo as dimensións do banco 1750 x 620 x 760 mm (largo x ancho x altura total).

As xardineiras proxectadas (10 en total) teñen unhas dimensións de 1500 x 61 x 70 mm (largo x ancho x altura), están realizadas en formigón hidrofugado armado, con acabado de cor e textura gris-chorro, cun peso de 880 Kg, colocadas apoiadas no pavimento.

Para a dotación de mobiliario urbano na Rúa Amor Meilán adxudicouse por un montante de 12.136,58 €, sendo a empresa adxudicataria Calfensa. Esta actuación realízase mediante un convenio coa área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, que dirixe o tamén nacionalista Mario Outeiro.

No ano 2008 leváronse a cabo as obras de Repavimentación no Casco Histórico. Con anterioridade á execución das obras, a rúa Amor Meilán- no tramo comprendido entre Quiroga Ballesteros e a rúa Nova- xa era peonil, aínda que estaba formada por beirarrúas e calzada de formigón, dando lugar a que os vehículos aparcaran habitualmente nun dos marxes da calzada.

As obras do 2008 consistiron na pavimentación da calzada a base de adoquín prefabricado de formigón, decrecendo a cota da mesma ata a cota das beirarrúas existentes, de tal xeito que o ancho completo da rúa quedou ó mesmo nivel, asemellándose deste modo a súa configuración ó resto das rúas peonís do casco histórico.