Imprimir

20 ACTIVIDADES NOS 31 DÍAS DE MARZO NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE


24/2/2012 As Áreas de Cultura do Concello e da Deputación, xunto coa USC (Lugo-Cultural), están a difundir a través das novas tecnoloxías a actividade cultural

“Buscamos mellorar a efectividade na difusión da programación cultural”

A área de cultura do concello promoverá que Lugo forme parte
do circuíto de artistas e compañías teatrais


O auditorio municipal Gustavo Freire acolle este domingo, ás 18:00 horas, a representación da obra Andainas dun Monicreque da compañía Kukas. Esta obra de teatro infantil forma parte, segundo o tenente-alcalde e responsable de cultura do concello de Lugo, “da nova programación que converterá ao auditorio Gustavo Freire no referente cultural da cidade”. Antón Bao sinalou que “traballamos para ter no auditorio unha programación continua, de calidade e para todos os públicos”.

Durante o mes de marzo o Gustavo Freire terá un total de 20 espectáculos. Teatro infantil, teatro para escolares, teatro universitario, música folk e pop terán cabida no escenario do auditorio municipal. Asociacións e colectivos tamén teñen previstas actividades no auditorio como a Mostra de Teatro Especial de Galiza organizada por ANADE.

A Área de Cultura do concello de Lugo está a traballar para que Lugo conte con espectáculos que están en xira e quen este momento non tiñan o auditorio Gustavo Freire na súa axenda. Bao engadiu que “no auditorio teremos eventos programados dende o concello e outras institucións pero tamén daremos facilidades para que compañías e promotores acheguen a Lugo espectáculos de calidade”.

Difusión das actividades culturais a través das novas tecnoloxías.
Dentro da política de potenciación do auditorio iniciada pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao informou que “dende a chegada ao goberno do concello buscamos mellorar a efectividade na difusión da programación cultural”. O concello está a traballar coordinadamente, en materia de difusión cultural, coa Área de Cultura da Deputación de Lugo e coa USC (Lugo-Cultural), segundo Bao “difundimos a través das novas tecnoloxías toda a información da actividade cultural que se xera ou coa colaboramos dende as institucións”. Bao informou que este traballo de coordinación na difusión cultural xa se está a estender ao tecido asociativo que fai programación cultural de xeito periódico. Segundo Bao “dende todas as institucións involucradas estamos a valorar moi positivamente a posta en marcha deste novo xeito de difusión da información cultural, tanto pola súa efectividade como polo baixo custo que supón para as arcas públicas”. Bao sinalou que “ata o de agora estimamos que duplicamos a media de persoas que asisten aos eventos culturais programados en relación á cifras da tempada pasada”.

PROGRAMACIÓN AUDITORIO GUSTAVO FREIRE - MARZO 2012

Sábado 3 de marzo: Teatro - Obra: Portus Veteris - Compañía: Carfax Teatro Hora: 20:00 - Promove: FEGATEA MÓVETE 2012

Domingo 4 de marzo: Teatro - Obra: Longa vida a Martiño- Compañía: Escoitade Hora: 20:00 - Promove: FEGATEA MÓVETE 2012

Xoves 8 de marzo: Música (Folk) - Grupo: Vaamonde, Lamas e Romero - Ciclo Lubicán - Promove: Lugo-Cultural

Sábado 10 de marzo: Teatro - Obra: A última cinta de Krapp - Compañía: Gargallada Hora: 20:00 - Promove: FEGATEA MÓVETE 2012

Domingo 11 de marzo: Teatro - Obra: Gheidi (Só para adultos) - Compañía: Carrachanacacha Hora: 20:00 - Promove: FEGATEA MÓVETE 2012

Luns 12: Teatro - Obra: Las Troyanas de Eurípides - Compañía: El Ruiseñor (A Coruña) Hora: 12:00 - Festival de Teatro Grecolatino.

Luns 12: Teatro - Obra: Tesmoforias de Aristófanes - Compañía: El Ruiseñor (A Coruña) Hora: 17:00 - Festival de Teatro Grecolatino.

Martes 13: Teatro - Obra: Electra de Sófocles - Compañía: Noite Bohemia (A Coruña) Hora: 12:00 - Festival de Teatro Grecolatino.

Martes 13: Teatro - Obra: Aulularia de Plauto - Compañía: Noite Bohemia (A Coruña) Hora: 17:00 - Festival de Teatro Grecolatino.

Mércores 14: Teatro - Obra: Medea de Eurípedes - Compañía: Parrocha (A Coruña) Hora: 12:00 - Festival de Teatro Grecolatino.

Mércores 14: Teatro - Obra: Miles Gloriosus de Plauto - Compañía: Parrocha (A Coruña) Hora: 17:00 - Festival de Teatro Grecolatino.

Sábado 17 de marzo: Teatro Infantil - Obra: O Bufón do Reino - Compañía: Pingateatro Hora: 18:00

Domingo 18 de marzo: Teatro Infantil - Obra: O Bufón do Reino - Compañía: Pingateatro Hora: 12:00 e 18:00

Xoves 22 de marzo: Teatro - Obra: In yer face (Na túa cara) - Compañía: Compañía de Teatro da USC - Lugo Hora: 20:30 Promove: Mostra internacional de teatro universitario USC.

Venres 23 de marzo: Teatro - Obra: Comedia Famosa do Cabaleiro de Olmedo - Compañía: Compañía de Teatro da USC Hora: 20:30 Promove: Mostra internacional de teatro universitario USC.

Domingo 25 de marzo: Teatro - Obra: Tesela - Hora: 20:30 Promove: Mostra internacional de teatro universitario USC.

Luns 26 de marzo: Teatro - Obra: Un Mundo Feliz - Compañía: Maricastaña (Aula de Teatro Universitaria de Ourense) Hora: 20:30 Promove: Mostra internacional de teatro universitario USC.

Martes 27 de marzo: Teatro - Obra: The most lamentable comedy and most cruel death of Pyramus and Thisby - Compañía: Theatre nie ma. University of Szczecin (Polonia) Hora: 20:30 Promove: Mostra internacional de teatro universitario USC.

Mércores 28 e xoves 29 de marzo: Mostra de Teatro Especial de Galiza - ANADE - Hora: 12:00

Venres 30 de marzo: Música (Pop) - Grupo: El Sueño de Morfeo - Hora: 21:00 - Promove: Cadena CIEN - COPE

 

Pode consultar www.lugocultural.es e descargar o resumo da programación :