Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora coa Fundación Secretariado Xitano na organización dun curso de auxiliar de comercio


# Luns, 27/02/2012


Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, asinou hoxe un acordo co Coordinador Provincial da Fundación Secretariado Xitano en Lugo, Manuel Requeijo, para colaborar na organización dun curso de auxiliar de comercio.

O acordo enmárcase dentro da colaboración que mantén o Concello de Lugo con todas asociacións e entidades que traballan polo emprego e a formación de persoas que teñen especiais dificultades para o acceso ó mercado laboral.

Esther Muñóz salientou que “a mellor maneira para que exista unha integración social total é a través da integración laboral das persoas, por iso, apoiamos e prestamos axuda a este tipo de asociacións que buscan a integración en todo o que precisen”.

No caso do acordo asinado hoxe, a Concellería de Educación facilitará o uso dunha aula no Espazo>Lab, o Centro de Orientación Laboral do Concello de Lugo, para impartir un curso de auxiliar de comercio.

O curso, de 40 horas teóricas e 60 horas prácticas, está financiado polo Fondo Social Europeo. As clases impartiranse desde o día 29 febreiro ata o 13 de marzo, en horario de mañá. A partir do día 13 de marzo, as sete persoas seleccionadas, realizarán prácticas na empresa Kiabi, onde poderán poñer en práctica todos os coñecementos das clases teóricas.

A Fundación Secretariado Xitano é unha entidade social cuxo fin é favorecer o acceso da poboación xitana á formación e ó emprego. Desde decembro de 2003, esta entidade colabora co Concello de Lugo no desenvolvemento do Programa de Emprego “Acceder”.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova