Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora co programa Xaque nas Aulas para fomentar o uso do xadrez entre os nenos e nenas


# Luns, 27/02/2012


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, presentaron unha nova edición de Xaque nas Aulas. Este proxecto que se iniciou por primeira vez o ano pasado, chegou a máis de 1000 nenos e nenas en horario lectivo, aos que se lles ensinou as regras básicas para comezar co xadrez.

Díaz Grandío destacou que “este tipo de iniciativas son boas para fomentar un deporte como o xadrez que axuda a desenvolver a creatividade nos máis pequenos, ademais é apropiado como complemento a outros deportes”. Nesta edición agárdase poder chegar a máis de 9 centros escolares e a máis de 900 alumnos só da cidade de Lugo.

Ademais, e co afán de mellorar o nivel de coñecementos sobre esta materia, a Escola Luguesa de Xadrez elaborou uns cadernos de iniciación para os escolares que participan nestas xornadas. A idea é chegar a elaborar, ao menos, cinco cadernos para os diferentes niveis de aprendizaxe do alumnos segundo destacou o Presidente da Asociación Xaquedrum, Pablo Castro.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova