Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A brigada de obras do Concello realizou un total de 76 actuacións en rúas e espazos públicos no último trimestre


# Martes, 28/02/2012
A maior parte das actuacións derivan de avisos dos veciños, que foron centralizados a través dun único servizo para mellorar os tempos de resposta

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A concelleira de Infraestruturas, a nacionalista Paz Abraira, visitou esta mañá, acompañada de técnicos municipais, unha das obras: a reparación da escaleira que une Miguel de Cervantes coa Rúa Alta

A brigada de obras do Concello de Lugo realizou un total de 76 actuacións no último trimestre. O informe deuno a coñecer esta mañá a concelleira de Infraestruturas e Axenda 21, a nacionalista Paz Abraira, que visitou, acompañada polo xefe da brigada, Jesús Dorado, unha das obras realizadas, en concreto o arranxo das escaleiras que comunican Miguel de Cervantes coa Rúa Alta, que se atopaban completamente deterioradas e que son moi utilizadas neste momento como consecuencia da creación dun aparcadoiro público para máis de 20 vehículos na Rúa Alta.

Paz Abraira quixo poñer en valor o traballo da brigada, que incrementou notablemente as súas funcións nos últimos tempos. De feito, ademais de pequenas obras e traballos como a reparación de baldosas nas beirarrúas, tapas de rexistros, baches ou bancos, estanse a encargar de outras obras como afundimentos na calzada ou reparación de muros e barandas, que antes eran contratados a empresas, e que son agora acometidos directamente por parte da brigada municipal, co que se conseguiu un importante aforro económico, destacou Paz Abraira.

No período comprendido entre o 1 de novembro de 2011 e o 28 de febreiro de 2012, a brigada municipal, que está formada por oito persoas (un encargado, un carpinteiro, tres albaneis e tres operarios), realizou 76 actuacións en rúas e espazos públicos. Ademais das reparacións habituais (baldosas na beirarrúa, baches, afundimentos na calzada, bancos, etc.), a Brigada de Vías e Obras levou a cabo neste período varias obras relevantes. Deste xeito, prodúcese un notable aforro para o Concello, xa que unicamente ten que abonar o custo dos materiais, en lugar de ter que contratar a execución da obra. Ademais, a calidade da obra é igual ou maior que con calquera empresa construtora e conséguese ademais unha redución importante no tempo de resposta e resolución do problema.

Centralización dos avisos e mellora dos tempos de resposta

A partir de outubro de 2011, na Concellería de Infraestruturas cambiouse o xeito de proceso da información referente a reparacións necesarias nos espazos públicos. A recepción dos avisos pasou a centralizarse no Servizo de Enxeñería, para posteriormente trasladalos á persoa responsable de levar a cabo o traballo, xa sexa a Brigada de Vías e Obras, outra Concellería, outra entidade pública, algunha empresa de Servizos, ou algunha empresa construtora.

O Servizo de Enxeñería ten contacto habitual coas empresas de Servizos (para licenzas de canalizacións en solo público), empresas construtoras (en obras municipais ou de canalizacións de servizos en solo público), outros departamentos do Concello e outras entidades públicas (licenzas, proxectos, informes, etc.). Dado que o Servizo de Enxeñería é o que ten contacto habitual cos responsables de levar a cabo os traballos, resulta máis eficiente que sexa este Servizo o que esixa a realización das reparacións necesarias, e tamén quen supervise que estas se levaron a cabo axeitadamente. Deste xeito, evítase tamén que na Brigada de Vías e Obras se teñan que realizar este tipo de xestións, podéndose centrar unicamente na realización dos traballos que lle son propios.

Esta sistematización do traballo logrou reducir de maneira moi importante os tempos de resposta e resolución dos problemas e danos detectados. De feito, o tempo medio no que se resolveron as distintas incidencias foi de 11 días, variando en todo caso en función da gravidade e complexidade da actuación. Para reparacións e obras de pequena embergadura a maioría quedaron resoltas antes dunha semana, mentres que houbo obras complexas que se estenderon durante máis dun mes.

Procedencia dos avisos recibidos

Durante o período sinalado, recibíronse un total de 139 avisos de incidencias, aínda que só 76 eran competencia da Brigada de Vías e Obras. O maior número de avisos procede da Policía Local. Tamén cabe destacar que un gran número de incidencias son comunicadas directamente á Concelleira, que á súa vez as transmite ó Servizo de Enxeñería. En numerosas ocasións, son os veciños os que informan dos danos, xa sexa a través do teléfono 010, ou ben directamente con escritos presentados no Rexistro.

A procedencia dos avisos que chegaron ao Servizo de Enxeñería foi a seguinte:

INFORMANTE / Nº AVISOS
Policía Local / 50
Concelleira / 28
Veciños / 22
Medio Ambiente / 16
Enxeñería / 14
Teléfono 010 / 6
Xornal ‘El Progreso’ / 1
Servizo autobuses / 1
Vías e obras / 1

Tipos de incidencias

O tipo de incidencias que se recibe é moi variado. Cabe destacar as seguintes:

INCIDENCIA / Nº AVISOS
Reparación de baldosa na beirarrúa /44
Reparación en tapas de rexistros / 24
Baches / 19
Afundimentos na calzada / 5
Bordo a reparar / 5
Bancos a reparar / 5
Barandilla a reparar / 3
Danos en muro / 3
Reparación en escaleiras / 3
Outros / 28

Destinatarios

Unha vez recibido o aviso, notifícase á persoa competente para a súa reparación. Na maior parte dos casos, é a propia Brigada de Vías e Obras do Concello quen se encarga da reparación, cando se trata de bens públicos dentro do ámbito da Concellería de Infraestruturas.

En algúns casos, o ben danado pode ser titularidade doutra Concellería, ou ben doutra entidade pública. En tal caso, notifícaselles para que procedan eles mesmos á reparación. En outros casos, notifícase ás compañías propietarias do ben danado. É o caso das compañías de servizos, cando hai algún elemento da súa infraestrutura danado. Por exemplo, é frecuente que sexan necesarias reparacións nas tapas de rexistro. Pode ocorrer que a incidencia poda ser debida á acción dunha empresa construtora. En tal caso, avísase á empresa para que proceda á reparación ao seu cargo. O Servizo de Enxeñería supervisa que a reparación se leve a cabo axeitadamente.

Hai tamén algúns casos nos que non é viable a reparación, por implicar unha obra moi custosa, por estar en dominio privado, ou por tratarse dun aviso erróneo.

A continuación, resúmense os destinatarios dos avisos recibidos:

DESTINATARIO / Nº AVISOS
Brigada de Vías e Obras / 76
Outros departamentos do Concello: / 27
Medio Ambiente / 12
Servizos Eléctricos / 7
Parques e Xardíns / 3
Rehabilitación / 1
Tráfico / 3
Augas / 1
Outros entes públicos / 3
Empresas de servizos / 14
Begasa / 4
R / 4
Gas Galicia / 3
Telefónica / 3
Empresas construtoras / 7
Sen destinatario / 12

Obras relevantes

Neste período, cabe destacar dúas actuacións:
Pavimentación do calexón existente no Carril das Hortas. Trátase dun calexón, perpendicular ó Carril das Hortas, que se atopaba en mal estado, dificultando o tránsito dos veciños con vivendas no calexón. A Brigada de Vías e Obras levou a cabo o pavimentado cun dobre tratamento superficial, obtendo unha superficie moito máis axeitada para o tránsito dos veciños.

Reparación das escaleiras entre Miguel de Cervantes e a Rúa Alta. Estas escaleiras de formigón, adosadas ao edificio existente na Rúa Miguel de Cervantes, 54, comunican o tránsito peonil coa Rúa Alta. Atopábanse nun estado de notable deterioro. A Brigada de Vías e Obras levou a cabo a reparación das mesmas. Demoléronse as partes máis deterioradas, procedendo a formigonar de novo os peldaños. Deste xeito, logrouse un bo acabado, restaurando as escaleiras ao seu estado orixinal.

ACTUACIÓN / LOCALIZACIÓN
Reparación baldosa na beirarrúa / Avenida das Américas / Rúa Esquiu
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Santiago / Variante N-VI
Socavón de dimensións considerables / Estrada une N-VI coa estrada Hombreiro (Colexio Galén)
Vial afundido / Rúa Miñato, diante da placa co nome
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Alfredo Brañas, beirarrúa dereita hacia N-VI (Colexio Menéndez Pelayo).
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Vilalba, 7
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Recatelo, 12
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Serra Gañidoira
Reparación baldosa na beirarrúa / Praza Santo Domingo / Praza de abastos
Tapa de rexistro para reparar / Estrada Fonsagrada / Vial Igrexa de Castelo
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa da Milagrosa, 50
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Santo Grial, 22
Zona danada no entorno do rexistro / Rúa Fernando Pessoa
Reparación baldosa na beirarrúa / Praza de Santo Domingo 10 e 12
Bache / Fontes dos Ranchos, 1
Bordo a reparar / Fontes dos Ranchos, 1
Tapa de rexistro para reparar / Praza Maior / Rúa Doutor Castro
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa da Raiña (entre ONCE e hotel)
Reparación baldosa na beirarrúa / Calzada das Gándaras (fronte ao Ventorro)
Baches / Rúa Sanxillao
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa do Conde, 10
Bache / Rúa Erín (aparcamento preto de Roi Xordo)
Reparación en escaleiras / Rúa Miguel de Cervantes / Rúa Alta
Reparación baldosa na beirarrúa / Salvador de Madariaga, 1-3, bado acceso garaxe
Reparación baldosa na beirarrúa / Entrada Frigsa
Baches / Carril das Hortas (entre Primavera e Fontiñas)
Proteccións metálicas nos canalóns / Casa do Concello, Praza Maior
Barandilla necesaria / Casa do Concello, Praza Maior
Barandilla a reparar / Rúa Margarida / Angelo Colocci 29
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Margarida / Angelo Colocci 29
Reparación baldosa na beirarrúa / Calzada das Gándaras, 28
Bancos a reparar / Alexandre Bóveda
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Valle Inclán, 5
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Chantada, 32 e 42
Bordo a reparar / Avda. Benigno Rivera
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Río Avia, 3-5
Bache / Rúa Vía Láctea, 38
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Angelo Colocci, 4-6
Reparación baldosa na beirarrúa / Ronda Norte / Albeiros
Reparación baldosa na beirarrúa / Calzada das Gándaras, 91
Barandilla a reparar / Duquesa de Lugo / Camiño de Roca
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa do Miño, 26
Baches / Rúa dos Canteiros / Rúa dos Artesáns
Zona a pavimentar / Carril das Hortas
Bancos a reparar / Rúa Menorca / Rúa da Milagrosa
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Armanya (preto Zara)
Tapa de rexistro para reparar / Rúa Nova / San Froilán
Bordo a reparar / Rúa Río Navia 35-37
Bancos a reparar / Bispo Aguirre, 17
Reparación baldosa na beirarrúa / Duquesa de Lugo
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Valle Inclán
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa García Abad, 24
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa do Teatro, marxe dereita
Barandilla a reparar / Sagrado Corazón, 11, enfronte do centro de saúde
Zona afundida na calzada / Rúa das Fontes, fronte ao bar
Arranxos varios / Rúa da Deputación
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Nova, 73
Reparación baldosa na beirarrúa / Praza Santo Domingo, 15
Bache / Veterinario Xoan Rico Pérez
Bache / Ronda de Fingoi (Carril bici preto da Estrada da Granxa)
Baches / Rúa Silva
Muro / Rúa Bataneira / Rúa Fingoi
Bache /Rúa Bal e Gay / Escola de Idiomas
Baches / Rúa Lavanco (campo de fútbol das Gándaras)
Reparación baldosa na beirarrúa / Progreso / Xoán Montes
Reparación baldosa na beirarrúa / Camiño Real, 88
Reparación baldosa na beirarrúa / Xermán Alonso, 19
Reparación baldosa na beirarrúa / Porta de San Fernando
Reparación baldosa na beirarrúa / Rúa Tui, 4-6
Bordo a reparar / Fonte dos Ranchos, 32
Bancos a reparar / Ronda das Fontiñas, diante do instituto
Reparación baldosa na beirarrúa / Mar Cantábrico, 45
Reparación baldosa na beirarrúa / Ramón Montenegro, 12
Baches / Rúa Ruiseñor, 42


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova