Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre presentou o "Senatus Lucus Augusti" unha das novidades para o Arde Lucus 2012


# Martes, 28/02/2012
Este obradoiro está dirixido a homes preferiblemente maiores de 35 anos que se poden inscribir ata o 30 de marzo na Concellería de Xuventude

Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, acompañada por Gustavo Fouce e Simón Piñón de Nasdrovia Producciones, presentaron unha nova actividade dentro do Arde Lucus: a creación dun senado romano.

Para esta tarefa levarase a cabo un obradoiro chamado Senatus de Lucus Augusti, cunha duración de 36 horas ás que haberá que sumar as horas de representación no Arde Lucus e que se levarán a cabo os luns e os mércores entre o 16 de abril e o 6 de xuño. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe e ata o 30 de marzo e co fin de potenciar a participación do sector masculino no Arde Lucus, e nas actividades teatrais en xeral, a actividade está dirixida a homes preferiblemente de máis de 35 anos e cun mínimo de 18 anos.

Carmen Basadre destacou que “se vai facer por primeira vez e vai ser moi interesante xa que se pretende mostrar outra das facetas da vida romana como son as intrigas e os debates políticos involucrando a un sector que ten pouca presenza nas obras teatrais como son homes maiores de 30 anos”.

O obradoiro, ademais dunha función teatral tamén ten a da aprendizaxe da cultura romana e preparalos non só para as representacións senón tamén para que asuman o rol ficticio de senadores durante os días 22, 23 e 24 de xuño.

A matrícula tramitarase a través do 010 ou da Concellería de Xuventude, e para poder formalizala será necesario presentar a fotocopia do DNI, nas dependencias da Concellería. A matricula será gratuíta.

www.ardelucus.com

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova