O Alcalde recibiu hoxe a escolares dos Franciscanos e de Riotorto
# Martes, 28/02/2012
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe a tres grupos de escolares que efectuaron unha visita á Casa do Concello, ós que lles explicou o funcionamento do Concello e interesouse pola súa vida académica.
O primeiro grupo de nenos que visitaron o Concello foron un grupo de 17 nenos que cursan o primeiro ciclo de primaria no CEIP de Riotorto.
Posteriormente, o Alcalde recibiu outro grupo de 40 escolares formado por alumnos de secundaria do colexio dos Franciscanos e estudantes franceses que participan nun intercambio con este centro escolar de Lugo.
Así mesmo, López Orozco recibiu un terceiro grupo escolar integrado por unha vintena de alumnos que cursan o segundo ciclo de primaria no CEIP de Riotorto.
Os escolares de Riotorto tamén visitaron esta mañá a Casa dos Mosaicos e a exposición conmemorativa do 75 aniversario de Radio Nacional de España.
Compartir: