Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde inaugurou a exposición conmemorativa do 75 aniversario de Radio Nacional de España que visita hoxe Lugo


# Martes, 28/02/2012


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, participou hoxe na inauguración da exposición conmemorativa do 75 aniversario de Radio Nacional de España que hoxe remata en Lugo o seu percorrido polas principais cidades galegas.

O Alcalde pechou o acto inaugural logo das intervencións da Directora territorial de RNE en Galicia, Celia Díaz, e a responsable de RNE en Lugo, Amparo Roca.

Na súa intervención, o Alcalde agradeceu a visita á nosa cidade desta exposición itinerante que percorre España para conmemorar o 75 aniversario de RNE e destacou o labor que leva a cabo esta emisora pública e os seus traballadores para informar e entreter ós cidadáns cunha programación de calidade.

Logo de participar no acto inaugural, López Orozco foi entrevistado nun programa realizado en directo no estudo móbil situado na plataforma-exposición itinerante que está instalado ó carón da Casa do Concello. No mesmo programa interveu tamén a Xefa do servizo municipal de Arqueoloxía, Covadonga Carreño, que falou do traballo que desenvolve o Concello na recuperación e conservación dos achádegos arqueolóxicos de Lugo.

A exposición itinerante “RNE, contigo” está a facer en Lugo a última parada na Comunidade Autónoma galega. A exposición pódese visitar na Praza Maior de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Os visitantes teñen a ocasión de coñecer cómo funciona unha emisora de radio e tamén teñen a oportunidade de gravar a súa propia noticia, escoitar os sons do día do seu nacemento, facer unha foto coa súa personaxe favorita de RTVE ou crear ó seu gusto a radio do futuro, ademais de ver unha mostra de pezas cos que se facía a radio anos atrás.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova