Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez e Francisco Fraga entregan os diplomas do curso Creación do plan de Empresa no CEI


# Mércores, 29/02/2012


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónimos, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, entregaron esta mañá os diplomas aos asistentes ao curso Creación do plan de empresas organizado pola Asociación de Mulleres Empresarias presidida por Beatriz Varela en colaboración co Concello.

O curso, ao que asistiron 16 alumnos cun perfil emprendedor, iniciouse o 13 de febreiro e finalizou esta mañá e no que se levou á práctica unha idea viable para a creación do seu propio plan de empresa. Desenvolveuse ao longo de 30 horas presenciais en horarios de 10 a 13 horas nas instalacións do CEI-Nodus. Da mesma maneira, levarase a cabo a titorización dos proxectos que presenten os alumnos co obxectivo de melloralos e facelos viables de cara a súa integración no mundo laboral.

Durante a xornada de hoxe, os alumnos tamén fixeron un percorrido polas instalacións do CEI-Nodus, durante o que puideron coñecer de primeira man os servizos que presta ás persoas que desexan poñer en marcha a súa propia empresa.

CEI-Nodus cei.lugo.es





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova