Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde reitera o compromiso do Concello de Lugo coas persoas discapacitadas, que non deben padecer recortes de ningunha administración


# Xoves, 01/03/2012
López Orozco e o Presidente de Cogami visitaron hoxe Artegalia, a primeira empresa de economía social instalada no CEI-Nodus que dá traballo a 6 persoas con discapacidade

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco; a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e o Presidente de Cogami Galicia, Anxo Queiruga, visitaron hoxe a primeira empresa de economía social que funciona en locais do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo. Trátase de Artegalia, que forma parte do grupo de empresas creado por Cogami

O Alcalde reiterou, na súa intervención, o compromiso do Concello de Lugo coas persoas discapacitadas e dixo que “aquí non poden chegar recortes, o Concello de Lugo non fará ningún recorte e espero que non o faga ningunha administración”. “Hai cousas como éstas nas que non se pode recortar” manifestou e tamén dixo que “estou francamente molesto porque agora parece que a culpa da crise é dos funcionarios”, manifestou López Orozco. O Alcalde defendeu o importante papel da Función Pública, da que dixo que “é a salvagarda dos dereitos de todos, igual que pasa coa Sanidade e o Ensino público de calidade e hai que defendelos con ahínco e tesón porque nelo nos vai a igualdade dos seres humanos”.

López Orozco tamén manifestou que o Concello está encantado de colaborar con Cogami no nacemento dunha nova empresa, que utiliza as instalacións do CEI, e sinalou que “nestes momentos o primeiro obxectivo é axudar a crear emprego e, neste caso, hai un plus que é o de garantir o dereito á igualdade das persoas que teñen algunha discapacidade”.

Pola súa parte, Anxo Queiruga explicou o traballo que desenvolve Cogami na formación e a integración laboral das persoas con discapacidade. Neste sentido, sinalou que “na provincia de Lugo buscan emprego 2.000 persoas discapacitadas e o ano pasado fomos quen de encontrarlle traballo a 400”. Tamén manifestou que a oficina de Cogami en Lugo “é unha referencia na inserción de persoas no tecido empresarial ordinario”. Ademais, Queiruga reclamou que se faga “real e efectiva a igualdade de oportunidades que está recollida nas leis” e subliñou que “a sociedade non pode prescindir do 10% das persoas de Galicia que representa a discapacidade”.

Artegalia no CEI

A empresa Artegalia dá traballo a seis persoas con discapacidade que foron contratadas logo de realizar un curso no CEI-Nodus sobre “Operacións auxiliares en empresas de comercio electrónico” que se impartiu o ano pasado.

Tras a posta en marcha desta nova actividade de Artegalia en Lugo, a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello deseñou unha nova acción formativa de apoio ós traballadores con discapacidade, consistente nun Programa formativo para o mantemento do posto de traballo, que se está a levar a cabo dende o 9 de xaneiro ata o 8 de maio.

O centro especial de emprego de Artegalia ten actualmente 13 traballadores en toda Galicia e desenvolve tres tipos de actividade diferentes. O primeiro é a distribución e comercialización de bolsas e embalaxes, o segundo a montaxe e ensamblaxe de manillas de portas e a terceira, que é a que se desenvolve en Lugo, é a de “comunitty manager” e de xestión de redes sociais para as empresas do Grupo Galega de Economía Social (G.E.S) de Cogami.

O Grupo GES de Cogami está formado por once empresas de distintos ámbitos (medio ambiente, distribución, carpintería, alimentario, artes gráficas, TIC e téxtil), conta con máis de 60 centros de traballo en distintos lugares de Galicia e dá traballo a máis de 500 persoas con discapacidade.

cei.lugo.es

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova