Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Francisco Fraga anuncia unhas xornadas sobre a osteoporose na que se poderá medir a calidade ósea dos lucenses


# Xoves, 01/03/2012
Os interesados en facer as probas gratuítas poderán facelo apuntándose a través do teléfono 010

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Francisco Fraga, Concelleiro de Servizos Xerais, e Sandra Fernández Carrera, técnico da Fundación Educación, Deporte e Saúde, presentaron unha xornada de divulgación e prevención da osteoporose que se vai celebrar os días 12 e 13 de marzo. Durante eses días, especialistas da Fundación, estarán facendo medición da densidade ósea mediante dispositivos especializados e informando aos asistentes sobre a súa situación persoal en canto a densidade ósea.

As probas densitométricas terán lugar entre as 10 e as 14 horas e as 16:00 e 19:00 horas de ambos días no Centro Social Uxío Novoneyra, e para poder realizalas, as persoas interesadas, terán que inscribirse a través do 010. Para poder levar a cabo as probas, que se basean en medicións nos pés, vanse facer dous turnos diarios nos que se atenderán en cada un deles ata 50 persoas.

Francisco Fraga salientou que “todos debemos concienciarnos do problema que é a osteoporose e que todos podemos ter esa falta de calcio e tomar as medidas o máis axiña posible. Dende o Concello preocupámonos por proporcionar información aos cidadáns sobre aspectos relacionados coa saúde.”

Pola súa parte, Sandra Fernández Carrera, explicou que “con estas xornadas queremos informar ás persoas de que co exercicio físico moderado pódese axudar á prevención da osteoporose” e para iso “imos realizar probas, aínda que non son moi exhaustivas, pero que si no permitirán informar á xente se entra dentro dun perfil de risco de sufrir a enfermidade ou non”.

Neste sentido tamén se celebrarán dúas conferencias informativas sobre o tema das osteoporose e como axudalo a previr dende a infancia. Así, a primeira celebrarase o luns 12 ás 19:30 horas no salón de actos do IES Lucus Augusti baixo o título Prevención de la Osteoporosis a través del exercicio físico que impartirá a especialista Sandra Fernández Carrera e que terá carácter divulgativo e preventivo.

A mesma especialista tamén ofrecerá unha charla preventiva o día 13 de marzo ás 19:30 horas, no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra, no que se dará a coñecer medidas para evitar a falta de calcio no sistema óseo.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova