Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns remata o prazo para presentarse ao programa de "Lugo Emprego Activo 2"


# Venres, 02/03/2012
Conta con 7 itinerarios diferentes que se adoptarán ao perfil dos alumnos e que beneficiará a máis de 400 desempregados

O próximo luns 5 de marzo remata o prazo para aqueles desempregados que se queiran inscribir nalgún dos cursos da nova edición do proxecto europeo de inserción sociolaboral Lugo Emprego Activo 2.

Esta segunda edición, ten unha duración de 36 meses, contará con 7 itinerarios diferentes, dos que se beneficiarán 420 persoas, e un presuposto de 1.335.010,29 euros dos cales o Fondo Social Europeo financia o 80%. O Concello de Lugo pon en marcha a segunda edición deste plan integral a favor das persoas que teñen máis dificultades para acceder ó mercado laboral co obxectivo de dar formación e axudar a buscar traballo a 420 veciños de Lugo. Desta maneira, o proxecto impleméntase a través de itinerarios personalizados de inserción sociolaboral do que forman parte obradoiros de formacións transversal, accións formativas, axuda na busca activa de emprego, orientación e intermediación laboral, así como titorización durante todo o proceso.

A programación correspondente ó primeiro semestre do presente ano, comeza con 7 itinerarios de inserción nos cales ademais dos obradoiros de formación transversal sobre novas tecnoloxías, habilidades sociais, hábitos laborais, igualdade de oportunidades, medioambiente, realizaranse as seguintes accións formativas:

- Monitor/a de turismo activo (320 horas)
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (450 horas)
- Monitor/a de ludotecas (300 horas)
- Elaborador/a de queixos ( 445 horas )
- Técnico/a en transporte sanitario ( 385 horas )
- Instalación e mantemento de xardíns e zoas verdes ( 470 horas )
- Enquisador/a

As bases de participación poden consultarse no Taboleiro de edictos do Concello de Lugo e nas páxinas web :
www.lugo.es/espazolab
www.lugo.es/europedirect
www.lugo.es

Máis información inscrición e bases de participación.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova