Imprimir

ESTHER MUÑÓZ PRESENTOU A PRIMEIRA EDICIÓN DOS CURSOS PRIMAVERA SEGURA


2/3/2012 O prazo para inscribirse é dende o 5 ao 23 de marzo no Parque Infantil de Tráfico do Concello ou na Xefatura Provincial de Tráfico

A Concelleira de Educación, Esther Muñóz, o xefe do Parque Móbil, José Reigosa, e a Coordinadora en Educación Vial de Tráfico, Sara Fuenseca, presentaron a primeira edición do curso de educación vial Primavera Segura que se celebrará entre o 9 de abril e o 18 de maio no Parque Infantil de Tráfico.

Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de entre 8 e 14 anos, previa inscrición , no Parque Infantil de Tráfico (Antiga Frigsa), ou na Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo (Avd. Ramón Ferreiro) entre as 09:30 e as 14:00 horas. O prazo está aberto entre o día 5 e o 23 de marzo. Os cursos serán en horario de 16:30 a 19:30 horas, e cada grupo asistirá ao menos durante unha semana seguida que será asignada previamente. A inscrición é gratuíta.

A Concelleira de Educación, Esther Muñóz salientou que estes cursos ten como obxectivo que “os nenos e nenas adquiran condutas seguras como peón e viaxeiros e hábitos positivos como usuario dos diferentes transportes xa que consideramos que é esencial que dende pequenos se coñeza as normas de seguridade viaria”. Ademais aprenderán a manexar e coñecer sinais de tráfico a través do manexo dos kart e das bicicletas.