Cargando....
Concello de Lugo
06/12/22
NOVAS
Escoita esta páxina

A parroquia de Conturiz xa ten rehabilitada a súa fonte


# Venres, 02/03/2012
O Alcalde e o Concelleiro de Zona Rural visitaron as obras que se realizaron na fonte, unha demanda veciñal

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Zona Rural, Manuel Chaín, visitaron esta tarde a nova fonte, reconstruída polo Concello, na parroquia de Conturiz. Esta actuación da Concellería de Zona Rural produciuse para atender unha demanda veciñal que expuxeron os residentes na parroquia ao considerala moi necesaria.

A actuación consistiu na substitución do recipiente antigo, que databa dos anos 60 e estaba semidestruído, a realización dunha nova canalización da auga e o deseño dunha nova estrutura de pedra que respecta o ornato do entorno. O investimento feito nesta obra foi de algo máis de 11.000 euros.

Neste acto, López Orozco, destacou que “cumprimos unha demanda veciñal coa que se mellora o entorno desta zona cunha fonte que mellora a estética e que presta un mellor servizo aos veciños”.

Por outra parte, Manuel Chaín explicou que “o Concello fixo unha obra distinta á que tiñan, xa que houbo que desfacer unha especie de pilón de auga que vertía líquido e construíuse unha nova con materiais nobres como é a pedra”.

Trátase dunha obra enmarcada nunha serie de actuacións na zona rural para a recuperación de elementos etnográficos como poden ser as fontes, cruceiros ou lavadoiros. Neste sentido a próxima actuación prevista será a recuperación do lavadoiro de Recimil.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova