Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco fixo entrega dos diplomas dos cursos da programación de accións formativas 2011


# Martes, 06/03/2012
Esther Muñóz salientou que para este ano tamén se volveu solicitar á Xunta a concesión de 3 novos cursos financiados polo Fondo Social Europeo

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, fixeron entrega esta mañá dos diplomas de tres cursos que se impartiron dentro da programación de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas.

Así, entre os meses de xuño e novembro, desenvolvéronse tres cursos, subvencionados polo Fondo Social Europeo: dous de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, un en horario de mañá e outro de tarde, e outro programa experimental de xestión de documentos. Os cursos tiñan cada un de 15 prazas, e contaron cunha duración de 600 horas máis 36 horas de prácticas, os de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, e de 518 horas máis 50 horas de prácticas, os de xestión de documentos. O presuposto de cada un dos cursos foi de 65.430,75 euros cada un dos de atención sociosanitaria e de 68.128,50 o de xestión de documentos.

López Orozco destacou que “nestes momentos de dificultades laborais hai máis posibilidade de atopar un traballo se contamos con formación” e non quixo que esqueceran que “ o Concello seguirá axudando e colaborando en todo o que poida nese programa común que temos que ter todos como é a procura de emprego”.

Todos estes cursos outorgan ás persoas que o finalizan con éxito un certificado de profesionalidade e que é imprescindible para traballar nas áreas nas que as persoas se formen. Estas accións formativas sitúanse nun ámbito laboral cunha alta demanda na actualidade.

Esther Muñóz salientou que para este ano 2012 tamén se volveron solicitar outros tres cursos á Consellería de Traballo, dous de atención sociosanitaria a persoas no domicilio “ao tratarse dunha especialidade que en Lugo ten posibilidades de emprego” e un terceiro de dinamización comunitaria de nivel 3.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova