Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mellora a recollida de lixo no Casco histórico de Lugo coa instalación de cinco novas illas de colectores soterrados que financia o Plan Urban


# Martes, 06/03/2012
O Alcalde visitou hoxe as obras de instalación dos colectores na rúa Xoán Montes

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Cos novos colectores de papel, vidro, envases e residuos orgánicos haberá 9 zonas de colectores soterrados repartidas polo Centro


O Alcalde, José López Orozco, visitou hoxe os traballos de instalación de novos colectores soterrados no Casco histórico. Acompañaron ó Alcalde nesta visita os Concelleiros de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, e de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, así como a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto.

O Concello de Lugo decidiu instalar cinco novas illas de colectores soterrados no Casco histórico da cidade co propósito de mellorar a recollida do lixo na zona monumental da cidade. Para elo acordou adicar fondos do Plan Urban, que financian a Unión Europea, o Concello e a Deputación provincial a este proxecto co que se van instalar illas de colectores para o depósito de papel e cartón, vidro, envases e residuos orgánicos nas rúas de Xoán Montes, Nóreas e Tenente Coronel Teijeiro así como nas prazas do Ferrol e A Soidade. Os colectores serán accesibles e contarán con información en braille.

O Alcalde explicou este proxecto supón “unha modernización e unha aposta polo medio ambiente”. Tamén destacou que a instalación dos novos colectores soterrados diminuirá “o sistema de quita e pon e tamén lles facilitamos a vida ós veciños”. O Alcalde, ademais, fixo un chamamento ós veciños para que depositen o lixo nos colectores debidos e nas horas nas que está autorizado facelo.

Con estes, pasarán a ser nove as illas de colectores soterrados para o depósito de lixo no Centro da cidade, posto que xa hai catro en funcionamento nas rúas María Balteira e Quiroga Ballesteros e nas prazas de San Marcos e Campo Castelo.

A instalación dos novos colectores supón un investimento de 136.626 euros. O proxecto foi adxudicado nese importe, que supón un aforro de 90.000 euros sobre o presuposto de licitación, á empresa Plásticos Omnium Sistemas Urbanos.

O proxecto inclúe a realización de controis arqueolóxicos.

www.lugo.es/urban

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova