Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este domingo dispútase a XXII edición do Dúatlon de Cidade de Lugo


# Mércores, 07/03/2012
A competición será o domingo 11 de marzo no Pazo de Feiras e Congresos

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o representante do Servizo de Deportes en Lugo da Xunta de Galicia, Carlos Lorenzo, e o Director da proba deportiva, Miguel Fernández, presentaron hoxe a XXII edición do Dúatlon de Cidade de Lugo “Memorial Alejandro López”, organizado pola Federación Galega de Tríatlon, o Clube Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial e A.D.FeFeMe Tríatlon do Miño, e que conta co patrocinio do Concello de Lugo.

Según destacou o Concelleiro de Deportes, “esta é unha das probas mais antigas do calendario deportivo lucense, e que conta con importantes deportistas que acuden a esta competición, xa que puntúa para o campionato galego”.

A carreira terá lugar o vindeiro domingo, día 11 de marzo, no entorno do Pazo de Feiras e Congresos. A recollida de dorsais poderá facerse na carpa da organización, no Pazo de Feiras e Congresos, de 8.30 a 9.30 horas. Ás 10.00 horas será a saída feminina; ás 10.10 horas será a saída masculina A; e ás 11.30 horas terá lugar a saída masculina B. A distancia a percorrer será de 5 km de carreira a pé, 20 km en bicicleta e 2,5 km de carreira a pé.

Según sinalou Miguel Fernández, Director da proba, hai inscritos 200 duatletas, entre os que se atopan como favoritos varios lucenses, do Club Cidade de Lugo Fluvial, como Gustavo Platas, Noelia Mora ou Rubén Castro.

Premios
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría. Ademais, o primeiro clasificado en categoría absoluta masculino e feminina, recibirán 150 euros; os segundos clasificados 100 euros, e os terceiros clasificados 75 euros. O primeiro clube masculino e feminino recibirán 100 euros. Ademais, todos os que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo do XXI Duatlón Cidade de Lugo.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova