Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe rematou a novena edición do programa Almorzos Saudables


# Mércores, 07/03/2012
O obxectivo desta campaña era conseguir que os rapaces almorcen todos os días e ademais que o fagan dun xeito máis saudable

Este ano tivo lugar a novena edición da campaña dos Almorzos Saudables, que organiza a Concellería de Servizos Xerais e Modernización Administrativa do Concello de Lugo e que comezou o 16 de xaneiro de 2012 no Colexio Público Illa Verde e rematou o 7 de marzo de 2012 no Colexio Público de Paradai. O obxectivo desta campaña era conseguir que os rapaces almorcen todos os días e ademais que o fagan dun xeito máis saudable.

Durante estes meses participaron máis de 2.000 nenos e nenas de entre 6 e 8 anos de 23 colexios públicos, privados e concertados do municipio de Lugo. Ademais débese resaltar a colaboración recibida por parte dos mestres e dos equipos directivos do centros escolares.

Un anos máis, o Concello de Lugo contou coa colaboración da Asociación Galega de Nutricionistas e Dietistas, que proporcionou información para axudarnos a presentarlles aos nenos e nenas a pirámide nutricional, os tipos de alimentos e para que aprendan desde novos a comer equilibradamente. Ademais de colaborar outras entidades que aportaron diferentes alimentos como Eroski Center (froita, iogures, zumes e cereais), Ingapan (pan), Asociación Provincial Lucense de Apicultores (mel natural) e a Gandería Quintián (leite fresco do día).

http://www.lugo.es/ws/almorzossaudables

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova