Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

As mulleres sindicalistas protagonistas dos premios Entre Mulleres


# Xoves, 08/03/2012
López Orozco e Basadre coincidiron na necesidade de seguir traballando polos dereitos laborais acadados polas mulleres

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presidiron o acto en conmemoración do Día Internacional da Muller, no que se fixeron entrega dos premios Entre Mulleres e os de narrativa xuvenil Entre Iguais.

Na súa intervención o Alcalde felicitou as mulleres galardoadas das que dixo “sodes un exemplo do avance social e de que é posible facer un mundo mellor”. López Orozco tamén considerou que “merece a pena todo o esforzo que se leva feito para conseguir a igualdade entre os homes e a mulleres” matizando que “aínda queda moito por facer, pero se seguimos traballando conseguiremos o obxectivo, a igualdade, que está recoñecido como un máis dos dereitos”.

Pola súa parte, Carmen Basadre, explicou que “este ano as galardoadas nos premios Entre mulleres, decidiuse que fosen un recoñecemento á labor e a traxectoria sindical das secretarías de muller e igualdade dos sindicatos UGT, CCOO, CIG e STEG”. Neste sentido, a responsable da área de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, referiuse á importante labor que desenvolven os homes e mulleres que forman os sindicatos e que traballan “para que nas empresas non abusen aínda máis do sector máis vulnerable que é o das mulleres “ sen esquecer que “neste momento temos que tratar de manter os dereitos conseguidos porque forman parte do sistema democrático”.

Nesta edición os galardóns foron para:

-María José Vales Garaloces: Secretaria de Política Social e Igualdade da UGT dende o 2005. Afiliada dende 1990. Compatibiliza a Secretaría co seu cargo como Delegada de Persoal de Entidades Xestoras da Seguridade Social. Funcionaria da Tesourería da Seguridade Social.

-Celia García Pena: Pertence ao Secretariado Nacional do sindicato STEG. Trátase dun sindicato asembleario onde non hai cargos unipersoais. Ten unha longa traxectoria na loita pola defensa da igualdade da muller e no sindicato STEG.

-Mercedes Mourenza Fernández: Integrante da executiva da CIG Comarca LUGO-A MARIÑA desde 2009, como Responsable da Secretaria da Muller, Mocidade, Formación e Emprego. Traballadora na Fundación para a orientación profesional, a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico o emprego e a formación en Galicia (Forga)

-Dolores Maceda Fernández: Está ao fronte da Secretaria de Muller de CCOO desde o ano 2000. Traballa de enfermeira no HULA. Sindicalista dende 1998.

III Certame Narrativa Xuvenil Entre Iguais

Neste acto tamén se entregaron os premios do III Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, que premia ás creación de mozos e mozas en dúas categorías diferentes, de 12 a 14 anos e de 15 a 18 anos. O premiados foron:

• Na categoría de 12 a 14 anos.

1º PREMIO- Viveiro
Eugenio Martínez Canay, co relato de título “Historia de Eya”

2º PREMIO-Sober
Sabela Jorge Vidal, co relato de título “Prometido”

3º PREMIO-Lugo
Uxío Capón Lamelas, co relato de título “A profesora María”

• Na categoría de 15 a 18 anos.

1º PREMIO-Lugo
Diego Fernández Dieguéz, co relato de título “Red”

2º PREMIO- Chantada
Cristian Águila Seijas, co relato de título “A miña maldita historia”

3º PREMIO-Chantada
Juan David Arciniegas Alejo, co relato de título “Ser feliz non está tan lonxe”


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova