Imprimir

LÓPEZ OROZCO RECIBE A PRIMEIRA VISITA OFICIAL DO NOVO SUBDELEGADO DO GOBERNO EN LUGO


8/3/2012

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a primeira visita oficial do Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo Páez. No encontro tratáronse temas relacionados coa seguridade, especialmente da Xunta de Goberno Local, na que están representados o Concello, a Subdelegación do Goberno, a Policía Local e as forzas de seguridade do Estado.

Nesta visita, López Orozco, recibiuno no seu despacho e estivo acompañado por representantes dos diferentes grupos políticos que forman a corporación municipal.