Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Centos de persoas participan na Marcha pola Igualdade coa que remataron os actos organizados polo Concello no Día Internacional das Mulleres


# Xoves, 08/03/2012


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Centos de lucenses tomaron parte este xoves na Marcha pola Igualdade coa que concluíron en Lugo os actos que organizou o Concello para conmemorar, este 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres.

A Marcha recorreu as rúas da cidade e un treito da Muralla e rematou na Praza Maior, diante do Concello, onde a Concelleira de Benestar, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, leu o Manifesto acordado por unanimidade polo Foro de participación en materia de Igualdade. 

No acto participaron numerosos mozos e veciños e contou coa colaboración dos clubes Baloncesto Cidade de Lugo, Club Emeve, Sociedade Cultural Deportiva Milagrosa, Club Polideportivo Casás, Club Porta XI Baloncesto, Club Feminino de Hóckey Meigas, Club Natación Porta Miñá, Club San Fernando Lucus Caixa Rural e o Ximnasio Vitalia.

A programación organizada polo Concello polo Día Internacional das Mulleres inclúe este ano numerosas actividades. A próxima mañá, venres, 9 de marzo, e consistirá no contacontos “O país dos mandós”, a partir das 16.30 horas, no salón de actos do Centro de Convivencia Maruja Mallo. Contará coa participación das nenas e dos nenos que asisten ó Programa “Aprende xogando” que tamén tomarán parte na lectura da colección de libros infantís “A igualdade conta”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova