Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha nova edición do festival de Teatro Grecolatino reunirá en Lugo a máis de 4.500 estudantes de secundaria e bacharelato


# Venres, 09/03/2012


Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, presentou a nova tempada de festivais de Teatro Grecolatino que se vai celebrar en Lugo o próximo luns 12 e mércores 14 de marzo e que durante as primaveras leva as obras dos clásicos por toda España. A Mostra de Teatro Grecolatino, organizada pola asociación Prósopon, a sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos e o Concello de Lugo, ten como obxecto achegar o teatro aos mozos e mozas de Educación Secundaria e Bacharelato, a través do estudio previo dos textos e a posterior asistencia ás representacións.

Esta é a actividade cultural que máis alumnos move en toda España, xa que a asistencia media é de 60.000 alumnos. No caso de Lugo xa están confirmada a asistencia de 4.520 alumnos pertencentes a 84 centros de toda Galicia e das provincias limítrofes como León.

Esther Muñóz salientou “que se trata dunha actividade consolidade que aporta coñecementos aos alumnos pero tamén supón que máis de 4.500 estudantes van estar entre os tres días de representacións coñecendo a nosa cidade.”

O Programa do FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO 2012 que se levará a cabo no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, é o seguinte:

Día 12 de marzo, luns
12:00 Las Troyanas de Eurípides, Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor (A Coruña)
17:00 Tesmoforias de Aristófanes, Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor (A Coruña)

Día 13 de marzo, martes
12:00 Electra de Sófocles, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
17:00 Aulularia de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

Día 14 de marzo, mércores
12:00 Medea de Eurípides, Grupo Parrocha (A Coruña)
17:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Parrocha (A Coruña)




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova