Imprimir

ENTREGADOS OS PREMIOS ÁS SEIS GAÑADORAS DO XOGO PENTACLE DE LUGO


9/3/2012

O Alcalde de Lugo, José López Orozco; a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e o Director xeral do grupo El Progreso, José de Cora, fixeron entrega hoxe dos premios do xogo Pentacle de Lugo nun acto que se celebrou no Concello.

O Alcalde felicitou ás seis mulleres que resultaron ser as gañadoras dos premios na estrea das salas adicadas a Lugo neste xogo on line e destacou que esta é unha iniciativa “que permite que Lugo sexa máis coñecido”.

Pola súa parte José de Cora agradeceu o apoio do Concello a esta iniciativa e dixo que “para Lugo é interesante que sexa aquí onde nace este proxecto de utilización das novas tecnoloxías para un xogo sobre coñecementos”.

Os premios foron para as xogadoras que acadaron as maiores puntuacións no primeira partida xogada e nas primeiras 24 horas. Na primeira categoría resultou gañadora Cristina Vázquez, en segundo lugar clasificouse Lucía Lence e no terceiro posto, Ana Piñeira. A persoa que acadou máis puntuación nas primeiras 24 horas foi Yolanda Sal, no segundo lugar situouse Eva Prado e a terceira foi Andrea González.

As dúas gañadoras recibiron unha reprodución da Muralla feita por membros da asociación Aspnais e un vale para unha fin de semana nun complexo hoteleiro de Pantón e o resto das premiadas recibiron lotes de libros.

Coñeza o xogo Pentacle.