Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre e o piloto Alonso Liste presentan o programa Pilotando en Igualdade


# Luns, 12/03/2012
A actividade ten como finalidade a selección dunha copiloto para a carreira do Rallie San Froilán

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e o piloto de rallies, José Alonso Liste, presentaron o programa Pilotando pola Igualdade. O obxectivo é seleccionar a unha copiloto que participe no próximo Rally San Froilán.

Carmen Basadre incidiu en que “é unha iniciativa que me parece bonita e que dentro dun sector maioritariamente masculino é sempre un gusto presentar unha iniciativa con estas características que é a da igualdade de ambos sexos, ademais pode ser unha oportunidade neste momento para moitas mulleres”.

Pola súa parte, Alonso Liste, explicou que “esta acción é o comezo dunha idea que nos rondaba dende hai tempo que é a de crear un equipo de competición que sexa totalmente feminino”.

Poderán participar neste evento todas as mulleres maiores de 18 anos debendo estar empadroadas en Lugo ou senón certificar que estudan ou traballan na cidade. O proceso de inscrición estará aberto dende hoxe ata o 30 de abril. Segundo explicou Alonso Liste, as probas consistirán nunha primeira fase formativa, unha segunda técnica e a fase final práctica á que accederan só 3 aspirantes. Na primeira das fases as aspirantes serán sometidas a tres probas, un test persoal, unha entrevista, e a un curso de copiloto. Na segunda fase, ao que accederán un máximo de 20 candidatas, enfrentaranse ao simulador do equipo Alonso Liste e terán que facer unha toma de datos nas probas virtuais. Finalmente, as tres mellores aspirantes tomarán notas nun tramo de rallie real e, entre elas, escollerase á copiloto de Alonso Liste.

Aquelas persoas interesadas deberán inscribirse na web www.alonsoliste.com e pagar a taxa de inscrición que é de 50 euros.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova