Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Éxito das xornadas sobre a osteoporose organizadas polo Concello de Lugo


# Martes, 13/03/2012


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A xornada de divulgación sobre a prevención da osteoporose, organizada polo Concello de Lugo e a Fundación Educación, Deporte e Saúde, foi todo un éxito xa que, ante a demanda, ampliouse o número de persoas que puideron realizar a medición da densidade ósea. Desta maneira, pasouse de atender a 100 persoas previstas para os dous días, 12 e 13 de marzo, a 400 persoas atendidas entre ambos.

As probas densitométricas tiveron lugar entre as 10 e as 14 horas e as 16:00 e 19:00 horas dos dous días no Centro Social Uxío Novoneyra.

Neste sentido tamén se celebraron dúas conferencias informativas, tamén cun gran éxito de convocatoria, sobre o tema das osteoporose e como axudalo a previr dende a infancia. Así, a primeira celebrouse o luns 12 ás 19:30 horas no salón de actos do IES Lucus Augusti baixo o título Prevención de la Osteoporosis a través del ejercicio físico que impartirá a especialista Sandra Fernández Carrera.

A mesma especialista tamén ofreceu unha charla preventiva o martes 13 de marzo ás 19:30 horas, no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra, no que se deu a coñecer medidas para evitar a falta de calcio no sistema óseo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova