Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Na Xunta de Goberno Local aprobáronse as bases para unha praza de administrativo para o Espazo>Lab


# Mércores, 14/03/2012
Luis Álvarez anunciou que esta semana se recibiu a resolución do IGVS na que se denega a subvención para o Portelo Único, un mes despois de dalo a coñecer aos medios de comunicación

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Antón Bao salientou que máis de 5.200 espectadores pasaron polo auditorio Gustavo Freire e houbo 33 actuacións de música, teatro e danza


O Tenente de Alcalde e responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, e o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, deron conta dos acordos tomados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá. Neste sentido, Álvarez informou que se aprobaron as bases para abrir un proceso selectivo para cubrir unha praza interina de coordinadora administrativa para o proxecto Europe-Direct Lugo. A duración prevista da execución do proxecto é dende o 1 de maio ata o 31 de decembro de 2012. O traballo realizarase a tempo completo, en horario de mañá e polo menos unha tarde á semana. A retribución bruta mensual será de 1.328,49 euros.

Outro dos acordos adoptados foi a modificación dunha cláusula do contrato coa empresa EPYPSA que deberá elaborar o Texto Refundido do Plan Xeral de Ordenación Municipal que non foron obxecto de aprobación definitiva por parte da Consellería de Medio Ambiente. O traballo deberá estar rematado antes do 31 de decembro de 2012. O prezo do contrato incrementarase na cantidade de 10.160 euros, mais o 18% do IVE (1.828,80 euros) o que supón un importe total de 11.988,80 euros.

Luis Álvarez tamén informou que se acordou resolver o contrato á empresa encargada da subministración dos uniformes e complementos da Policía Local por incumprimento das obrigas sinaladas nas condicións técnicas do contrato e establecidas no prego de prescricións técnicas.

Na Xunta de Goberno Local tamén se estimou o recurso de reposición interposto por unha entidade sen ánimo de lucro e que desenvolve o seu traballo na área de servizos sociais, ao considerar o seu dereito a presentar as alegacións oportunadas para xustificar a presentación da documentación un mes máis tarde do remate do prazo, para a adxudicación dunha subvención de 1.435 euros para o desenvolvemento do programa correspondente ao ano 2011.

Auditorio Gustavo Freire
Na habitual rolda de prensa logo da Xunta de Goberno de hoxe, o tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, fixo balance da asistencia ás actividades organizadas pola área de Cultura no auditorio municipal Gustavo Freire no que vai de ano. Explicou que dende xaneiro houbo un total de 33 actuacións de música, teatro e danza, polas que pasaron 5.200 espectadores.

O tenente alcalde destacou a variedade da programación neste primeiro trimestre, na que non faltou o teatro infantil, distintos estilos de música dende a clásica ata o folk, ou mesmo a danza, que se incorporou este ano por primeira vez de xeito habitual á programación do auditorio. “Penso que logramos relanzar esta instalación cultural e incrementar tanto a súa programación como o público asistente”, destacou Antón Bao, que avanzou que o obxectivo agora será “fidelizar ao público”.

Froito desta labor da Concellería de Cultura Bao destacou que numerosas asociacións e compañías se están a interesar polo funcionamento do auditorio para vir a Lugo. Un exemplo deste incremento de peticións para actuar na nosa cidade é a obra de teatro infantil que acollerá o Gustavo Freire durante toda esta fin de semana. A compañía Pinga Teatro representará tres funcións da súa obra O bufón do reino o sábado ás 18:00 horas e o domingo ás 12 e as 18 horas.

Subvención IGVS
Por outro lado, o Concelleiro de Urbanismo, deu a coñecer que onte tivo entrada no rexistro do Concello de Lugo unha resolución asinada polo Director Xeral do IGVS no que se acorda a iniciación dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobro da subvención dos gastos de mantemento da Oficina Municipal de Rehabilitación, Portelo Único, e no que se indica que o Concello ten un prazo de 15 días para que alegue e presente os documentos pertinentes.

Neste sentido, Luis Álvarez, quixo remarcar que “nós non mentimos cando hai un mes avisamos de que non se estaba cumprindo o que dita a normativa da Lei de Subvencións, porque dixemos que non había unha resolución que nos indicase a perda da axuda” e matizou que “se tiña que haber notificado hai un mes cando nos enteramos grazas aos medios de comunicación que se nos iba a denegar a axuda, e non agora, entonces pregúntome ¿quen é o que fixo mal os procedementos?”.

www.lugo.es/espazolab

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova