Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esther Muñóz presentou as actividades do programa Xadrez para tod@s


# Xoves, 15/03/2012


Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, e o Presidente da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, presentaron as actividades que se enmarcan dentro do programa de divulgación do xadrez, Xadrez para todarrobas 2012, que este ano acada a súa novena edición.

Esther Muñóz explicou que “dende o Concello de Lugo apoiase este tipo de iniciativas xa que e ten como principal obxectivo difundir a práctica deste deporte de estratexia, e axuda a adestrar a mente e a mantela áxil”. De feito, a responsable de educación, informou que o Parlamento Europeo ven de aprobar a Declaración 50/2011 para a aplicación do programa Xadrez na escola nos colexios de toda a Unión Europea ao recoñecer os beneficios que este deporte ten nos nenos e nenas.

Unha das iniciativas que máis éxito tiveron nas pasadas edicións, segundo explicou Pablo Castro, foi o Camiño do Scacorum que convoca a unha media de cento vinte participantes en cada un dos torneos que engloba periodicamente ao longo do ano. O primeiro deles é o Torneo de Xadrez de Semana Santa, e Festa Final e Torneo de Nadal. Esta competición establece este ano seis categorías coa intención de animar aos máis pequenos a coñecer o mundo do xadrez.

Como en anos anteriores repítese a cita dominical coa actividade do Scacorum e o Baúl Viaxeiro que convida a todos os lucenses a participar nos xogos do xadrez xigante, do xadrez convencional e do baúl viaxeiro. Estes xogos familiares desenvolveranse todos os domingos do 15 de abril ao 3 de xuño na Praza Maior en horario de 17 a 19 horas e estarán guiados por dous monitores especializados. Neste sentido, durante os días 4 e 15 de xuño en horario de tarde, tamén se desenvolverá esta actividade aproveitando que os nenos e nenas só teñen clase en horario de mañá. O Scacorum e Baúl Viaxeiro recupérase durante todo o mes de setembro.

Outra das actividades que se integran dentro deste programa é o Campamento final de Xadrez no Albergue Xuvenil de Gandarío e no que ao longo dunha fin de semana os rapaces gozarán compartindo a súa afección.

O verán lucense volverá acoller actividades especiais programadas na Viaxe pola historia do xadrez que se celebrarán os martes e os xoves de xullo, agosto e setembro na Praza Maior e que tamén contarán coa presenza de dous monitores.

Torneo de Semana Santa
Tamén se presentou o Torneo Escolar de Semana Santa, unha actividade que se celebra na Casa da Xuventude de Lugo o vindeiro 1 de abril pola tarde de 16.15 h. a 19:30 h.

Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición, entregando o formulario ó monitor do colexio ou escribindo un e-mail a xaquedrumarrobagmail.com .

Os participantes teñen que estar federados nalgún equipo, se non están federados, a Escola Luguesa de Xadrez federarao gratuitamente no seu clube. O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect. A inscrición poderase realizar ata o 30 de marzo ás 16 horas, os que non se inscribiran neste prazo non poderán participar.

Neste torneo haberá seis categorías:

Menores de 8 anos.
Menores de 10 anos.
Menores de 12 anos.
Menores de 14 anos.
Menores de 18 anos.
Categoría de familiares.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova