Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebra o Día do Consumidor cunha conferencia sobre saúde pública


# Xoves, 15/03/2012


Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, informou que hoxe se celebra o Día do Consumidor e a Concellería en colaboración coas Asociación de Amas de Casa e Consumidores Lucus, organizaron unha conferencia baixo o título Retos actuais da saúde pública impartida por Carlos Quintas Fernández, Profesor del departamento de saúde pública da USC e Presidente da Sociedade Galega de Prevención de riscos laborais.

Ademais, Francisco Fraga, salientou que “na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) damos información e axúdase a tramitar os expedientes pero non podemos facer máis porque realmente quen ten as competencias é a Xunta de Galicia”. Neste sentido, o responsable da área de Servizos Xerais, incidiu en que “nós non gastamos cartos en folletos o que facemos é organizar actividades que poden redundar en beneficio para os cidadáns” e puxo de exemplo o programa de almorzos saudables ou as xornadas sobre a osteoporose.

“Dende que está o Goberno do PP na Xunta non volvemos ter axudas para a oficina municipal polo que non vamos a asumir responsabilidades que non nos competen pero si imos desenvolver programas que supoñan un beneficio aos cidadáns, especialmente nos colexios e institutos” segundo declarou Fraga.

Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova