Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o prazo para inscribirse nos cursos de informática no Telecentro do Castiñeiro


# Venres, 16/03/2012


Imaxe Asociada

A Concellería de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, que dirixe Francisco Fraga, abriu o prazo para inscribirse nos cursos que se celebrarán durante o mes de abril no Telecentro do Castiñeiro. Para anotarse hai que chamar ao teléfono de atención cidadá 010 do Concello de Lugo.

Neste telecentro estase a realizar unha programación de cursos mensuais ó longo do ano. Durante o mes de abril haberá cursos de: Informática, Informática avanzada, Internet, Internet avanzado ou DNI-e e Administración electrónica. Ademais haberá un espazo de Aula aberta, para aclaración de dúbidas e materia personalizada.

Como novidade no mes de abril impartirase o curso Búsqueda activa de emprego, no que as persoas asistentes aprenderán a elaborar o seu curriculum e a manexar os portais de traballo máis importantes para a búsqueda de emprego.

Desta maneira na Aula Multimedia do Castiñeiro séguese levando a cabo unha programación formativa dirixida a toda a poboación. Os beneficiarios destes cursos son, sobre todo, xente con idades comprendidas entre 45 e 75 anos e persoas desempregadas, que queren ter máis formación á hora de buscar traballo.

As actividades que se levan a cabo no Telecentro do Castiñeiro están a ter moito éxito, posto que na maioría dos cursos complétanse tódalas prazas e algúns teñen persoas en lista de agarda.

Con iniciativas como esta o Concello pretende achegar a tódolos veciños e veciñas de Lugo o uso das novas tecnoloxías, ensinándolles as vantaxes da súa utilización nas súas prácticas diarias e os beneficios que poden proporcionarlles ás súas vidas.

Coñeza a Aula Multimedia do Castiñeiro.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova