Cargando....
Concello de Lugo
19/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

A Primeira Xornada da Liga de Loitas Olímpicas (categorías base) Zona Norte celébrase mañá en Lugo


# Venres, 16/03/2012


Imaxe Asociada
O Concello colabora na organización da Primeira Xornada de Liga de Loitas Olímpicas (Zona Norte) do programa Xogade 2012, que se vai celebrar este sábado en Lugo.

Orredor de 125 rapaces e rapazas, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, pertencentes a distintos clubs, participarán nesta Primeira Xornada da Liga Galega de Loitas Olímpicas, nas categoría Prebenxamín, Benxamín e Alevín.

Esta competición que terá lugar pola mañá, con horario de 11 a 13.30 horas, no Polideportivo da Casa do Deporte en Frigsa, na Avda. Duquesa de Lugo, porá de manifesto o crecemento de este deporte nas categorías de base, grazas ao traballo realizado por los clubs.

Nesta xornada enfróntanse os seguintes equipos da zona norte de Galicia: Keltoi (Vila de Cruces), Escuela Ayude (Melide), Stellae (Santiago), Club de Loita Lugo. Club Vilalba, Club Rabade, Club de Loita Atila (Ourense) e Club de Loita Touro (Touro).




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova