Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez destaca que no que vai de ano o CEI asesorou a máis de 80 emprendedores


# Venres, 16/03/2012
Vaise crear unha sala de “coworking” que permitirá compartir espazos a emprendedores para facilitarlle os inicios no mundo empresarial

Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, fixo un balance dos dous primeiros meses do ano do Centro de Empresas e Innovación e destacou “o traballo que se realiza e a evolución positiva que tivo ao longo dos anos, o exemplo é que no ano 2008 foron 27 as empresas creadas e no 2011 o número foi de 73”.

Sonia Méndez explicou que “quero informar aos cidadáns que eso, ao que o portavoz da oposición denominou chiringuito nun dos últimos plenos, atendeu e asesorou nos dous meses que vai de ano a 81 emprendedores dos que 21 xa crearon a súa empresa co apoio do CEI “. Tamén matizou que o importante é que estas empresas perduren no tempo, que medren e contraten máis traballadores por iso no CEI se lles presta apoio ao inicio pero tamén no desenvolvemento da súa vida empresarial.

O Centro de Empresas e Innovación é un viveiro de empresas no que se poden aloxar novos emprendedores e no que na actualidade hai 19 empresas instaladas que dan traballo a 75 persoas ”o que proba que o centro funciona a pleno rendemento” segundo explicou Méndez. Neste sentido, tamén explicou que neste momento hai 11 empresas en lista de agarda e “que en breve terán espazo pero mentres non é así, están traballando no denominado semilleiro, un espazo reservado para empresas que están a espera de local propio.

A principal función do CEI é asesorar aos novos emprendedores pero tamén se lles presta servizos a aquelas pequenas empresas e autónomos da cidade, segundo explicou a responsable da área económica, “por exemplo dispoñemos dun espazo na web do CEI no que teñen un apartado de promoción de empresas e poden publicar anuncios de xeito gratuíto”. Ademais, dende o ano pasado o CEI ten a acreditación de centro de continuidade de forma que aquel autónomo que por calquera continxencia non puidese desenvolver a súa actividade no seu local poden trasladar a súa actividade temporalmente ao Centro de Empresas.

Sala de Coworking
Sonia Méndez tamén informou que nas próximas semanas se vai crear unha sala de coworking no CEI que permitirá a varios profesionais independentes de sectores diferentes compartir unha mesma oficina onde se fomenta a colaboración, o traballo comunitario e o networking. Esta iniciativa, que conta cun gran éxito noutras cidades europeas e que será o primeiro de Lugo, proporcionará un escritorio individual, acceso a Internet e outros servizos compartidos.

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, destacou que “se trata de facilitar e eliminar trabas aos emprendedores, reducindo o custe que supón o aluguer dunha oficina”. Con este proxecto o Concello de Lugo ofrece soporte aos emprendedores e empresas que inician a súa andadura no mundo empresarial, co fin último de promover o desenvolvemento económico e a creación de emprego estable.

cei.lugo.es

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova