Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A familia Durán Miranda cede un dos mausoleos emblemáticos ao Concello de Lugo


# Luns, 19/03/2012
No acto, celebrado esta mañá, tamén se fixo unha homenaxe aos pais que xacen no Cemiterio Municipal coa lectura dun poema

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, e Rosario Durán Escribano, acompañados por membros da corporación municipal e familiares, asinaron a cesión do mausoleo da familia de D. Armando Durán Miranda ao Concello.

López Orozco salientou que “debemos dar as grazas pola xenerosidade desta familia que cede ao Concello de maneira gratuíta un dos panteóns máis emblemáticos do noso Cemiterio que destaca pola beleza e brancura do mármore empregado nas fermosas esculturas que ten no interior”.

Este panteón situado na parcela número 1 da sección 4 do Cemiterio municipal de San Froilán, do que foi titular Ángel Durán Cao, procede do antigo Cemiterio, do que se trasladou con motivo da súa clausura. É de estilo neogótico, construído a finais do reinado de Isabel II por unha familia emigrante en Cuba que, ao seu regreso, decide facer un mausoleo para dar sepultura aos seus defuntos. O referido mausoleo, que data de 1863, é cualificado na documentación municipal como unha das construcións máis emblemáticas do Cemiterio.

Pola súa parte, Rosario Durán, destacou que “o seu pai foi unha persoa moi unida a esta cidade, na que se lle dedicou unha rúa, e era o seu desexo que esta construción pasase a integrar o patrimonio funerario municipal”. Desta maneira, contribúe, xunto co resto das construcións singulares existentes no recinto, ao seu sinal de identidade, enriquecendo o seu acervo cultural e favorecendo a súa promoción histórico-cultural e a súa proxección externa.

O mausoleo quedará como única propiedade do Concello de Lugo para enriquecemento histórico e cultural da cidade, conservando as placas cos epitafios e nomes dos defuntos que alí xacen.

Acto en conmemoración do Día do Pai
A cesión do mausoleo estivo enmarcado dentro das actos de homenaxe aos pais que repousan no Cemiterio. Nesta ocasión deuse lectura a un poema, de Rudyard Kipling, evocando a figura paterna que, serve de referente para todos e todas nós, acompañándonos ao longo das nosas vidas, pois as súas ensinanzas sempre nos serven de guía. Finalmente a Banda de Música Municipal fixo unha interpretación musical.

Coñeza o Cemiterio Municipal San Froilán.



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova