Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Francisco Fraga participou na presentación do programa da Semana Santa 2012


# Martes, 20/03/2012
Os actos comezan este venres 23 coa lectura do pregón por parte do Almirante da Flota, Santiago Bolíbar Piñeiro

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, participou esta mañá na presentación do cartel e do programa da Semana Santa 2012, no Palacio Episcopal de Lugo. No acto tamén estiveron o Obispo, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, a Deputada Provincial, Regina Polín, o coordinador da Xunta de Cofradías, Ramón Basanta e o vicecoordinador da Xunta de Cofradías, Ángel Díaz.

Francisco Fraga salientou que “o Concello seguirá apoiando e colaborando no traballo que realizan as cofradías na preparación da Semana Santa” ademais de reivindicar “a importancia que estes actos relixiosos teñen na nosa cidade e que contan co mesmo arraigo que outras que se celebran noutras partes”.

As novidades máis significativas deste ano son a celebración, por primeira vez, da Memoria das tres caídas de Jesús que se celebrará o Martes Santo e que serán 40 mulleres as que portarán en andas o paso do Descendido o Venres Santo. Os actos da Semana Santa de Lugo comezarán o día 23 ás 20.30 h, no Salón Regio do Círculo das Artes, co pregón que correrá a cargo do Almirante da Flota, Santiago Bolíbar Piñeiro. Esta ano, o cartel, é obra do fotógrafo lucense, Eduardo Ochoa, e a imaxe é un detalle dos pés do Cristo do Perdón.

Máis información sobre a historia, cofradías e programa en www.semanasantadelugo.com


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova