Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Xa está en vigor a nova Ordenanza que regula a venda de vehículos na vía pública


# Mércores, 21/03/2012


Imaxe Asociada

A nova Ordenanza reguladora da utilización de espazos públicos adicados á venda ambulante xa entrou en vigor, segundo informa a Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Francisco Fraga.

A principal novidade da nova Ordenanza é que, por primeira vez, se regula nela a venda de vehículos na vía pública. Para elo, as persoas que queiran poñer á venda vehículos da súa propiedade na vía pública deberán dispor dunha autorización, unha tarxeta plastificada, que se concederá para un máximo de dous vehículos por solicitante.

Desde hoxe xa se poden tramitar as solicitudes para obter a autorización que terá unha vixencia de seis meses prorrogables por outros seis. Os impresos de solicitude están dispoñibles en Participación Cidadá e na páxina web do Concello www.lugo.es no apartado Sede electrónica (Tramita na túa casa).

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova